22.4.20

Lectura comprensiva e investigación II

Imos aproveitar a lectura duns relatos da obra Made in Galiza de Sechu Sende para traballar a comprensión e repasar un contidos deste curso.


O segundo relato co que imos traballar é "Nin en soños vou perder a miña lingua". 

Ademais do contido do relato podemos repasar a diversidade lingüística ou a polisemia.



21.4.20

Lectura compernsiva e investigación I

Imos aproveitar a lectura duns relatos da obra Made in Galiza de Sechu Sende para traballar a comprensión e repasar un contidos deste curso.

O primeiro relato  co que imos traballar é "A vendedora de palabras". Ademais do contido do relato poderemos traballar os tipos de palabra e a onomástica.




17.4.20

As horas Roubadas, María Solar

Unha vez máis a escritora María Solar engaiólame coa lectura dunha das súas novelas, sempre tan intensas de sentimentos, valores e aprendizaxes.

As horas roubadas déixanos un sabor doce por esa historia de amor que pervive ao longo do tempo, que nace furtiva nunha Arxentina libre e morre nunha Galicia aínda cativa e con moitos prexuízos. Por outro lado, sóubome a pouco; xa que cando rematei de ler quedou un gran baleiro, quería máis, seguir lendo e ledo.

Deixo para o alumnado unhas preguntas de reflexión sobre a lectura.



10.4.20

Literatura galega de posguerra II

Despois de traballarmos na  aula a literatura galega do exilio, deixo para o alumnado de 4º da eso un cuestionario de repaso da información que fomos destacando.

Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 7.


Literatura galega de posguerra I

Despois de traballarmos na  aula a literatura galega do exilio, deixo para o alumnado de 4º da eso un cuestionario de repaso da información que fomos destacando.

Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 6.




INTERFERENCIAS DO CASTELÁN

Despois de ler durante os primeiro días da corentena un bo número de redaccións do alumnado, os contidos que imos traballar non podían ser outros que as interferencias que o castelán deixa nos falantes galegos.

Primeiro repara no tipo de castelanismos que podemos atopar nos textos orais e escritos que producimos. OLLO!!





Agora xa podes responder ao seguinte cuestionario para ver canto sabes deste tema, seguro que é moito!! Boa viaxe, sube ao tren que sae da estación!!

6.4.20

Xogando coa poesía

Nesta xanela deixo algúns dos traballos do alumnado do IES O Couto, 2º ESO, durante as tres primeiras semanas da corentena.

Grazas por poñerdes a pinga de cor a este tempo incerto.