26.3.12

As árbore e as plantas

Realiza as actividades deste Lim e aprende algo máis sobre o medio galego.



Flashmob: defensa do galego

Flashmob para defensa e fomento do emprego do galego organizado polos EDL dos CEIP Nosa Sra de Xuvencos, CEIP Virxe da Pena da Sela, CEIP de Beariz e CPR Vila do Arenteiro.

24.3.12

Literatura Galega de posguerra

No grupo de presentacións de Slide de Lingua e Literatura Galega atopei esta presentación que será de utilidade ao alumno de 4º da ESO para traballar a literatura de posguerra.

tema6_2010
View more PowerPoint from IES

Anxel Fole

Adaptación do conto de Fole Os lobos.




Homenaxe a Anxel Fole do Consello da Cultura Galega:

22.3.12

Libro Galego de Ocasión de Allariz


Libro Galego de ocasión de Allariz terá lugar entre o 31 de marzo e o 8 de abril nesa localidade ourensá. Colaboran no evento o Concello de Allariz, a Librería Airas das Letras e a Asociación Galega de Editores. A organización prepara un programa de actividades de animación e dinamización cultural para os días de desenvolvemento do evento.

É a primeira vez que a AGE participa e colabora nun evento destas caracterísicas e no que se van pór á venda máis de de 648 títulos a prezos de outlet. Agárdase que a experiencia sexa un éxito. O espazo de venda vaise instalar na Praza de Abastos da cidade.

Libros desde 3 euros

Os prezos dos libros oscilarán entre os 3 os 15 euros dos libros da categoría de grandes obras. Os organizadores acordaron realizar tamén vendas por lotes e venderanse ata 5 títulos por 10 euros.

7.3.12

Reto literario 4º ESO

Grazas a Patricia Arias aprendín a facer retos ou "batallas" na aula, todo un invento! Consegues que o alumnado se decate do moito ou pouco que sabe e consegues que abran o libro para mirar a información.

Tamén é unha ferramenta de avaliación do máis fiable, moito máis ca calquera proba escrita, porque a rapidez na resposta premia aos que realmente atenden, traballan e estudan.

Nesta presentación quedan recollidas as preguntas que empregamos antes da segunda avaliación para repasar a materia dende Cabanillas ata Blanco Amor.

Espero que vos sexa útil.

Reto literario
View more presentations from Loli Cid Cid.


Déixovos un enlace a unha actividade interactiva sobre a literatura do século XX para completar a actividade: ide ao blog REMEXER.