3.7.14

SEMPRE EN GALIZA_70 ANIVERSARIO


Mañá celébranse os 70 anos da publicación de Sempre en Galiza, de Castelao.

"A superioridade non está no idioma

 que se fala; está no que se sabe, no 

que se di e no que se fai"



Pego aquí estas palabras do noso escritor e que lin no Facebook e que magoan a alma. Espero que sirvan para que a xente tome conciencia do seu, da súa cultura e da súa orixe e non se deixe globalizar.

“Algúns galegos de boa fe coidan que o cultivo do noso idioma é un impedimento de traballo na emigración. Mais eu quero invitalos a meditar: Pensades que a nosa Terra pode seguir sendo un criadeiro de carne humana para enviar ás Américas en paquetes teutóns? Porque o noso deber está en asegurar o dereito ao traballo remunerado, para que ningún irmán noso emigre por necesidade. Pensades que os galegos poden seguir emigrando polo mundo a ofreceren indignamente a mercancía dos seus lombos e dos seus brazos? Porque o noso deber está en armar ao pobo dunha instrución primaria, profesional e técnica, que lle permita ser digno en todas as partes, e en todas as partes atopar as vantaxes que se lle ofrecen a un inglés, a un alemán... Ou é que na emigración resulta superior un castelán a un galego por falar unha lingua máis extensa? A superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai."
CASTELAO ‪#‎SempreenGZ‬

Info do autor na galipedia
Info na RAG
Info na BVG