30.11.14

O VAL DAS MOURAS

A música e Rosalía parece que nunca se van separar e que as súas letras deixan pouso nas xeracións máis novas. Mesmo fóra de Galiza se recoñece a importancia de SERMOS GALEGOS.

Grupo celta-folk basado na obra da poetisa Rosalía de Castro, concretamente no seu libro Follas 

Novas. Integrado por tres músicos de L’Hospitalet, a banda componse por: Laura Lorenzo (voz), 

Joana Marce (frauta traveseira) e David Fernández (guitarrista). 





11.11.14

A ESMORGA


A novela de Blanco Amor está de máxima actualidade. 


O vindeiro venres día 21 vaise estrear unha nova versión no cine da esmorga literaria de máis sona na nosa literatura.



Aquí vos deixo o trailer, pero tedes máis vídeos na web do filme



Tamén podedes achegarvos a Auria e dar unha voltiña pola cidade e seguir as pegadas dos nosos personaxes e actores.

Roteiro Literario da Esmorga.







Blanco Amor na web da RAG

10.11.14

O Samaín e os Castros

Sempre falamos de CASTROS cando falamos da festa do Samaín. Non sei se vós visitastes algún. 

Eu fago sempre que podo unha ruta de sendeirismo que pasa por este que teño a 5 km da miña casa. 

Se vides por Allariz non deixedes de visitar Santa Mariña de Augas Santas e Armea.



















PETOS DE ÁNIMAS

Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. 

 Xa dixemos que nestas datas do Samaín en que os espíritos andan un chisco atarefados a correr dun lado para outro non está de máis pararmos nun dos múltiples petos de ánimas que tedes nas encrucilladas galegas a botar unha oración ou esmola pola salvación das almas en pena.

Aquí deixo o Peto de Armea.




5.11.14

SERES MÁXICOS DA FAUNA GALEGA

O alumnado de segundo da ESO anda a cavilar cal vai ser o seu aniñal caseño para as exposicións. Agardo que sexan tan sorprendentes coma os de Ramón Lamote. 



Para que teñan outro exemplo déixolles o texto de Cunqueiro, da Escola de menciñeiros, onde nos conta quen é o Gatipedro. Recordade que podedes atopalo se dades unha volta pola coruñesa praza do Humor.

GATIPEDRO

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven pólas noites ás casas, e párase nas habitaciós nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.

Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto i ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipardo dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.