19.12.13

BO NADAL MIÚDOS!!!

 B O    N A D A L 


Que o apalpador encha de maxia o mundo de cada un dos lectores e lectoras. E que aos alumnos/as lles deixe pingas de creatividade e imaxinaicón para seguir descubrindo a nosa cultura e xogando coa nosa lingua.

Grazas á recuperación  deste ser agochado durante anos na memoria dos nosos maiores todos os pequenos/as estiveron cantando o tema que Pablo Díaz inclúe no Toc Toc. Estaban ilusionados e non deixaban de pedir que lla puxera, e había outras pero gustoulles o APALPADOR.



ROCANROL DRAGÓN

Agasallo de Magín Blanco para os nosos dragaliños/as. Está claro que o soño do dragón é posible. 

No blogue de MEXUNXE tedes o enlace ás letras.


 


Os meus dragaliños ríronse cando a puxen, daquela quiteina e daquela xurdiu a maxia e pedíronme que a volvera poñer e saíron ao recreo cantándoa. Como son estes pequechos/as  ahahahaha!!!

18.12.13

O APALPADOR


Este enlace é para o alumnado de 1º da ESO, que na súa meirande parte non sabía quen era o APALPADOR cando lles puxen a canción de Pablo Díaz, co mesmo título do albun TOC TOC.


DRAGAL E O SEU MUNDO


O alumnado de segundo da ESO leu este trimestre a novela de Dragal. E esta foi unha ferramenta imprescindible para traballar os textos descritivos ou os elementos da narración. 

Ademais serviulle ao alumnado para reparar que a nosa cultura agocha segredos e seres máxicos ou  verdadeiras xoias da Arte Románica, que ben lles explicou a profe de hsitoria e que agora terán que atopar no lugar no que viven.

Podedes xogar un anaco para repasar eses nomes curiosos que fostes aprendendo coa novela facendo clic AQUÍ. Así coñeceredes o espazo de traballo dos compañeiros/as doutros centros.


14.12.13

O DIÁLOGO

Unha pequena axuda:





Unhas cantas actividades. 

1. Despois de ver o seguinte corto de animación escollede algún compañeiro/a que reproduza os diálogos.




2. Agora escribide os diálogos despois de ver o seguinte corto.






3. Aquí tedes máis actividades.

 
Actividades sobre o diálogo from Loli Cid Cid


O CUESTIONARIO PROUST (Busca alguén que admires para entrevistar)


1.– Principal trazo do seu  carácter?
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
3.– Que agarda das súas amizades?
4.– A súa principal eiva?
5.–  A súa ocupación favorita?
6.–  O seu ideal de felicidade?
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
8.– Que lle gustaría ser?
9.– En que país desexaría vivir?
10.– A súa cor favorita?
11. – A flor que máis lle gusta?
12.– O paxaro que prefire?
13.– A súa devoción na prosa?
14.– E na poesía?
15. Un libro?
16.– Un heroe de ficción?
17.– Unha heroína?
18.– A súa música favorita?
19.– Na pintura?
20.–  Un heroe ou heroína na vida real?
21.– O seu nome favorito?
22.– Que hábito alleo non soporta?
23.– O que máis odia?
24.– A figura histórica que máis despreza?
25.– Un feito militar que admire?
26.– Que don natural lle gustaría ter?
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
30.– Un lema na súa vida?



 

20.11.13

TODOS LARPEIROS

Estamos traballando os nomes dos alimentos e a súa manipulación e os rapaces e rapazas andan a experimentar e preséntannos as súas receitas.

A maioría decantouse polos doces. Si, somos moi larpeiros!!!



 

10.11.13

O ENTOMODELFO E OUTROS SERES MÁXICOS

Na presentación ides ver os animais fantásticos domésticos que o alumnado do IES Puga Ramón crearon despois de ler Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín.


 
A literatura infantil e xuvenil galega do século XXI na páxina do Biblioteca Virtual Cervantes

PORTAL DA LÍRICA MEDIEVAL

Aquí deixo o enlace (preme na foto) ao portal das Cantigas Medievais feita por: Pedro Diniz de Sousa (responsável informático, base de dados, programação web) e Paula Neves (design)

O seu obxectivo, cito palabras da web: "O objetivo desta base de dados é o de colocar à disposição do público em geral, e também do público mais especializado, a totalidade dos textos que nos foram transmitidos pelos cancioneiros medievais galego-Portugueses, de uma forma rigorosa mas acessível.


http://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp


A BASE DE DATOS ORIXINARIA: 

 "Lopes, Graça Videira; Ferreira, Manuel Pedro et al. (2011-), Cantigas Medievais Galego Portuguesas [base de dados online]. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA. [Consulta em (indicar data da consulta)] Disponível em: ."

1.11.13

O DRAGÓN NAS PORTADAS

Dende o IES David Bujan de Cambre os xornais no paran de recoller novas do noso gragón. Disque a xente comezou a velo pola contorna da igrexa de Santa María. E será certo!!!! 

Grazas Mar, polo traballo incansable cos teus pequechos!!

13.10.13

OS SONHOS DA MARÉ

Unha vez máis o facebook descubrindo xoias coma as de______ SÉCHU SENDE.


Deixádeme que reproduza unha cita da introdución porque me parece impresionantemente fermosa:

       "TODO CAMBIA QUANDO EU SONHO. QUANDO EU SONHO CAMBIO A FORMA DE SER, E CADA VEZ QUE ABRO OS OLLOS O MUNCO É DIFERENTE PORQUE EU CAMBIEI."

COMEZAMOS A SOÑAR


IES RAMÓN PUGA

Bo día lectores/as,

Este curso 2013-2014 as correntes do río da vida leváronme cara o Atlántico precipitadamente. Sen decatarme, decorren os días e aínda non reparara en que teño esquecida esta pequena xaneliña na que vou compartindo convosco descubertas e soños relacionados coa nosa lingua.

Quería dar a benvida a este microespazo aos meus novos alumnos e alumnas.

Que teñades un curso cheo de éxitos!!

13.6.13

TRABALLO ALUMNADO IES VALADARES

Alumnado de 2º da ESO. 
    Actividades  de comprensión lectora: CLIC 
    Actividades de léxico: CLIC 
 
    Actividades de  tempos verbais: CLIC 
    Actividades  de ortografía: CLIC


ALUMNADO PDC

  Xogade ao Trivial ou o Catapalabras da páxina da ASPG

  Actividades léxico: PORTAL DAS PALABRAS  

  Actividades de repaso ortografía  CASTELÁ   ...  GALEGA

5.6.13

Formulario A Noite de San Xoán

Para o alumnado de 3º PDC IES Valadares. Lede o texto que deixo na clase e contestade o seguinte formulario:

23.5.13

SOMOS

2º ano da campaña "roupa do revés" coa cal as ONG pretenden concienciara sociedade que somos nós os que temos que implicarnos para darlle a volta a situación actual na cal vivimos.

22.5.13

PROBAS ACCESO CICLO MEDIO

Déixovos os enlaces ás probas de acceso a ciclos para que poidades estudar para as probas de mañá. Moita sorte.






9.5.13

AID + RAP + ROSALÍA

Este venres día 10 podedes gozar dunha sesión de RAP e dunha homenaxe a Rosalía de Castro da man de AID. O concerto vai ser detrás do Marco, na rúa Londres, ás 8.30 e a entrada é de valde.


29.4.13

RVB NA PÁXINA DA COORDINADORA


Xa temos todos a man os traballos do profesorado para coñecermos ben a Roberto Vidal Bolaño. Debemos agradecer o esforzo da Coordinadoraendl que otra vez tiveron a paciencia de organizarnos a vida un chisquiño. Así será máis fácil visualizar e escoller as actividades que imos traballar sen andar dando tumbos pola rede.


Clic na imaxe para ir á páxina da Coordinadoraendl

26.4.13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

RVB, unha ollada dende prezi, outra forma de presentar os contidos espero que sexa útil.



Outro Prezi que tamén podedes ver na páxina da Coordinadora onde se recompila todo o material sobre RVB, de Xoaquín Freixeiro.


Agasallo de Paco Nogueiras Nodar



ACHÉGATE A RVB

Para coñecer un pouco máis a RVB déixovos esta actividade qeu ten como base a información proporcionada polo Telexornal Vidal Bolaño que elaborou o alumnado do CPI dos Dices.





Cuestionario en PDF --  (SOLUCIONARIO)


 
Outro cuestionario feito por Ilda Vázquez, con blubbr e que podedes consultar no seu blog no enlace de abaixo.

POR QUE FALAS GALEGO?

Que dano fai Celso Emilio, como me gusta!!! Porque para el o falar non ten cancelas como se di normalmente, aí vai este traballo tan chulo do IES Marco de Camballón. 




19.4.13

UD DRAGAL EN ENTRELIÑAS

Xa podedes descargar as actividades do noso libro de lectura dende aquí ou no blog de Entreliñas para descubrirdes o poder do Dagrón galego!!!

 

1.4.13

PERCORRIDOS LITERARIOS

Presentacións para o alumnado da ESA con esquemas das distintas épocas da literatura galega e castelá con algúns dos autores e autoras máis destacados e algunhas das súas obras. 
ESQUEMA DA LITERATURA ESPAÑOLA  

 

ESQUEMA DA LITERATURA GALEGA

24.3.13

AS SUBORDINADAS

Presentación con actividades sobre as oracións subordinadas para que o alumnado de 4º da ESA complete a información da clase. As actividades corrixímolas á volta da Semana Santa na clase. É aconsellábel facelas e repasar!!

Listaxe conxuncións by Loli Cid Cid

8.3.13

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

foto de: fragareis.blogspot.com

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller e para iso convídovos a que visitedes o Albun de Mulleres da páxina da Cultura Galega e reflexionemos entre todos o papel destacado que tiveron tantas e tantas mulleres na nosa historia. 

7.3.13

CANTARES GALLEGOS

 foto de: lifewordslw.blogspot.com
Aviso para o alumnado de 1ª BACH F e H de IEs Santa Irene. 

A lectura obrigatoria que marcou a vosa profe foi a de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. 

Xa que este venres é un día de homenaxe ás mulleres e este o ano do 150 aniversario do libro da autora, paréceme acertadísima a escolla. Se non tedes o libro na casa, ou  on o podedes coller na Bilioteca do centro recordade que o podedes ler na Biblioteca Virtual Galega. Facede clic na imaxe. 

Gozade coa lectura! 

Para seguir mergullados no mundo de Rosalía recoméndovos os videos con versións dalgúns dos seus poemas que podedes atopar en youtube.

28.2.13

ACTIVIDADES ADULTOS _ IES SANTA IRENE



1º de BACHARELATO__________________________________

 -Clic aquí par aver a presentación dos morfemas verbais.
   
 -CONXUGADOR de verbos para resolver as dúbidas.

 -Exercicios de tempos verbais. TINTARRÁS; IES OTERO; BELÉN;           GALEGO.EU.





3º  da  ESA_____________________________________________________________

     Exercicios acentuación . TINTARRÁS; BELÉN; GALEGO.EU.

     Manuais de ortografía do Proxecto ARTELLO.

     LIM (xogo de acentuación)
     
     ORTOGRAFÍA CASTELÁN
     
     REGARASORTOGRÁFICAS.COM
  
     REGRAS ortográficas do castelán




4º da ESA_______________________________________________________________





     A Cohesión: BELÉN; PUNTADALINGUA.

     A Cohesión: NAPUNTADALINGUA.

     A Coherencia: PUNTADALINGUA.

     A Adecuación: PUNTADALINGUA

    Oración simple: recursos tic; jesusfelipe.es; sintaxe eso; xtec.cat;
  
     Libro virtual de sintaxe
   

22.2.13

150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS

O día 24 vai ser especial este ano porque temos o privilexio de homenaxear un fito histórico para a lingua e a literatura galega. 

A publicación dos Cantares Gallegos foi algo máis ca unha reivindicación da nosa lingua ou da nosa cultura a través dos cantares dunha nena cun ton inocente. Serán a antesala dun libro máis potente, as Follas novas, onde o falar non ten cancelas, onde as mensaxes de dor traspasan o persoal para solidarizarse e denunciar inxustizas plurais. 

Reparade nos versos que escoitamos no seguinte vídeo e reflexionade sobre a situación actual do noso país. Non me diredes que Rosalía de Castro non está de moda? Non me negaredes que foi, sen dúbida unha muller adiantada ao seu tempo? Creo que moitas veces se asocia a escritora coa palabra SENTIMENTO eu prefiro estoutras dúas CORAXE E VALOR.


4.2.13

LOMCE

Análise da LOMCE desde a CIG de Aldán Santamarina Corral.

CERTAME POESÍA

Que as mentes máis creativas saian á rúa e participen no novo certame de poesía que organiza o Concello de Carral. Moito ánimo!!!

24.1.13

ACTIVIDADES SINTAXE


Xa tedes no blog de SINTAXE as actividades das cláusulas coordenadas. Déixo a presentación aquí tamén, pero recordade que alí tedes a axuda para resolver.  

Sinto non poder subir o lim, por iso fixen a presentación de diapositivas.


 

19.1.13

O ARNOIA ATEIGADO

O Arnoia ergueuse encabuxado esta mañá e alarmou a veciñanza que bulía para poñer a  bo recaudo as pertenzas que tiña nas marxes do río. Prados e baixos de casas e restaurantes  beberon a fartar tras o paso da cicloxénese.

Andado o día, a auga seguía a bulir con presa cara un destino incerto. A xente paseou vixilante ao seu carón deixándose levar polo son da auga e gozando das fermosas estampas invernais que produciron dúas semanas de choivas que parecen non rematar aínda. Pero como din os maiores, isto é o normal en Galicia... e levan razón!!!



18.1.13

MISTERIO E MEDO


O misterio e o medo ocupan as páxinas das novelas de Marcos Serafín e Agustín Agra como nos presentan neste video do IES Porto do Son e que comparto convosco grazas a Román Landín. 

 Unha boa actividade que de seguro engaiola a máis dun a ficar prendido das liñas que conducen a historia de Trampa de luz e O tanxedor de campás.


 

14.1.13

CONCURSO MICRORRELATOS OZOCOGZ

Este concurso baseado nos seres máxicos e lendas galegas vénnos moi ben para o alumnado do IES de Mos que xa ten algo escrito sobre a fauna máxica galega. De todas formas calquera que cumpra os requisitos das bases pode participar. 

Seguimos creando. Animádevos.

 

8.1.13

CERTAME POESÍA MUGARDOS

Para comezar o ano de maneira creativa que mellor que participar nun concurso literario de poesía?

Aquí vos deixo as bases do certame que organiza o Concello de Mugardos.