13.12.16

A VIAXE DE GAGARIN


O alumndo de BAC do IES Rafael Puga Ramón vai facer de detective. 

Quen sabe se algún chegará a ser o Holmes da novela de Agustín Fernández Paz que nos permite unha viaxe polas rúas e espazos emblemáticos da cidade da Coruña. 

Reto ao alumnado a tirar o maior número de fotos posibles que recreen o estado actual dos espazos de posguerra que aparecen na novela. Abofé que algún cambiou pero ben seguro que todos seguen no seu lugar!!! 

En canto vaides tirando as  fotos debedes abrir unha carpeta no voso Drive, con nome e apelidos. Nomeade as fotos co lugar que estades fotografando. E por último, subídeas ao mapa que comecei para vós. 

Recordade que debedes engadir un anaquiño da novela que fale dese sitio. 

Por suposto, podedes subirir todas as fotos que queirades. É moi importante que poñades quen fixo as fotos, xa que tedes dereito de autor/a sobre elas e quen editou o punto do mapa. 

 Aquí tedes a ligazón



Algunha Valoración do alumnado de BAC:

Lara Camiña

"A novela, ó meu parecer, é unha perfecta viaxe polos carreiros da memoria dos anos sesenta e é moi doado deixarse arrastrar pola levada lenta dese río que nos envolve e no que todo parece evidente, si, pero narrado con tal precisión que un ten a certeza de estar a estrear novamente eses acontecementos xa vividos por gran parte da nosa sociedade. É certo que, ás veces, non sei se na procura dun público máis amplo, ou nesa teima tan minuciosa de non deixar fíos soltos, Agustín cae na trampa do exceso de información. Quizáis para persoas de certa idade sexa repetitivo, mais talvez non estea de máis para os máis novos, que descoñecemos a realidade da España franquista deses anos sesenta nos que comezaban a chegar a moitas casas os primeiros frigoríficos, lavadoras e televisións e existía unha ditadura con órganos tan repulsivos coma o Tribunal de Orde Pública e a Brigada Político-Social, non sei. O que si sei é que estamos diante dunha fermosa novela, traballada nos detalles, no galego falado na época, na documentación, na recreación de atmosferas, e coa que Agustín se sitúa no lugar máis alto da nosa narrativa pola súa facilidade para apañaren as pantasmas dun tempo e darlles corpo cunha exquisita e estudada sinxeleza."

16.11.16

DRAGAL 2016-2017

O venres 11 de novembro comezou o contacto coas fraternidades de dragliñ@s deste curso escolar. 
Podedes localizalos neste mapa para non vos despistar por onde anda a maxia do noso Dragón.

LECTURA       REGUEIFAS          LENDAS          ARTE        HISTORIA     TOPONIMIA ACOSO   ESCOLAR          RELIXIÓN        TIC         CÓMIC        INTERDISCIPLINAR XOGO DE ROL    COLABORACIÓN      LINGUA GALEGA

 

4.11.16

ANIMAIS FANTÁSTICOS DOMÉSTICOS

O señor Ramón Lamote e as súas disertacións serviron de inspiración para que o noso alumnado creara os seus propios seres fantásticos.

Aquí vos deixo algúns dos máis enxeñosos.


19.9.16

VOLTA ÁS AULAS

Comeza o curso 2016-2017 con alumnado novo e coñecido e tanto uns coma outros conseguen sacar un sorriso e encher de ilusión as horas de traballo. 

Como fun dicindo este luns nas aulas, é importante que cada un/unha de vós marque unha meta (alcanzable, ollo!!! non me digades "quero que me toque a lotaría"), uns obxectivos polos que erguerse cada mañá e vir con ilusión e ganas de aprender algo novo para acadar o que vos propuxestes. 

Dende esta xaneliña anímovos a implicarvos cada día no voso proceso de ensino. O que pensades e dicides conta para nós. Colaborando entre todos conseguiremos medrar non só coa adquisición de novos coñecementos, senón medrando a nivel persoal no plano cultural e emocional, xa que vivimos rodeados de iguais e será importante aprender a convivir a través do respecto e colaboración.

Éxito a todos neste novo ano escolar.

23.5.16

FALEMOS DE LITERATURA

Déixovos a lista de reprodución con vídeos resumo das clases de literatura galega para que poidades repasar para as recuperacións

O AGRARISMO

CEN ANOS DAS IRMANDADES DA FALA




Atopei esta presentación de diapositivas feita polos compañeiros doutro IES que nos pode axudar a coñecer nun chisco máis que foron as Irmandades da Fala.


Para saber máis:

http://academia.gal/irmandades-da-fala

https://gl.wikipedia.org/wiki/Irmandades_da_Fala

Poesía das Irmandades

Álbum das Irmandades da Fala, Consello da Cultura Galega

 
As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.

Vídeo publicado a 06/12/2012
Entrevista a Tereixa Vilar Chao, filha de Ramom Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala

 

Vídeo publicado a 03/03/2014 As Escolas de Ensino Galego das Irmandades da Fala funcionárom na Corunha entre 1926 e 1931, mas só a secçom masculina. A tentativa de abrir umha secçom feminina, que ia ser levada a cabo por Elvira Bao, nom prosperou.



Vídeo do roteiro das Irmandades que fala de Curros Enriquez

PONDAL

BIOGRAFÍA

LETRA DO HIMNO GALEGO


Letra orixinal de 1890
Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?
Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.
Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.
Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q'as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.
Letra de 1984
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

18.5.16

O MAR E A SOMBRA NA OBRA DE ROSALÍA

Grazas a este vídeo poderedes entender esa poesía máis existencialista de Rosalía de Castro.

Reparade cando vexades o vídeo nas cuestións que figuran abaixo.

 

CUESTIONARIO SOBRE O VÍDEO 

1- Cal é a repercusión de Rosalía de Castro na nosa litreratura?
2- Cal é o elemento natural que exerce unha influencia especial sobre a escritora? 
3- Que corrente de pensamento inflúe nela para ter esta atracción polo elemento que buscamos?
4- Explica por que sente Rosalía unha fonda preocupación polos nenos abandonados?
5- Que drama da vida de Rosalía representa o símbolo da "Negra sombra"?
6- Cando como e onde coñece Rosalía a Murguía? Cando casa con el?
7- Que concepción ten da muller Murguía? 
8- Que opinión expresa Rosalía no artigo "Las literatas" sobre o papel da muller no séc. XIX?
9- Que é o que lle preocupa realmente da situación da muller?
10- Que papel xoga Aurelio Aguirre na vida de Rosalía?
11- Cal é a razón pola que Rosalía decide escribir en Galego?
12- Cales sib is sugnificados do símbolo da "sombra" segundo os distintos especialistas?
13- Cal é a orixe do sentimento de "DOR" que persegue a Rosalía?


Máis para coñecer a Rosalía.

CURROS ENRÍQUEZ



Neste mapa podes ver os puntos principais do percorrido literario que grazas aos poemas de Curros podemos facer en Terras de Celanova.



Nesta presentación podedes atopar unhas notas para interpretar a temática da obra Aires da miña terra, feitas por Benito Varela Jácome, na edición de Xerais que dirixe Xosé Ramón Pena.
 






AQUÍ TEDES O CUESTIONARIO DO VÍDEO







Podedes facer un percorrido pola casa do poeta en Celanova se visitades a web da Fundación Curros Enríquez.

foto da web elecohernandiano

Aquí deixo unha versión do "Maio" poema que escribiu Curros e que Emilio Batallán interpreta e publica en 1975 por primeira vez.  

19.4.16

I CERTAME PROXECTA I+D

Despois dos encontros de Ispiratics na Fundación Amancio Ortega quedoume claro que aínda que o vento veña en contra non vou deixar de traballar para ilusionar o alumnado e ensinarlle a conectar os contidos dende distintas materias e coa súa realidade, co seu, a súa cultura. 

E por suposto que vai ser sempre que poida usando as TICS, que só poden ir por diante se queremos conectar con eles, normalizar o uso da lingua dende unha esfera moderna.

Grazas a Ana Cabido por nominarme e obrigarme a participar, xa que decidira non facelo.

Ás miñas compañeiras pola supervisión, ideas e gravacións. 

Ás persoas coas que fun e irei compartindo o meu soño: o ensino non é almacenar contidos tan só!!!

A Pablo por facerme ver este domingo que non tiña por que realizar unha mega produción de video (aínda que iso era o que a min me gustaba) e que tiña que participar e quedarme coas risas e sobre todo coa aprendizaxe... non se pode deixar de ser como se é e hai que loitar polo que un cre. 

E sobre todo grazas ao alumnado de 3º A que me sorprendeu nun deses días de "non sei que dicir", cunha pizarra cheíña de cousas diferentes que facemos nas clases de galego. Sobre todo por dicirme que teño paciencia, os entendo e me preocupo por eles, porque é o que pretendo, axudalos, coidalos e transmitirlle ilusión pola maxia da nosa lingua e a nosa cultura,

A todos mil grazas por aturar o meu monotema e os nervios das últimas tres semanas. 



14.4.16

A CONVERSA

Taballando os diálogos na aula, hoxe deunos por conversar. O alumnado só tiña que pensar na finalidade da súa conversa e o tema do que ían falar, sen preparar os diálogos.

No vídeo temos un exemplo. Podedes velo e logo ir anotando todo o que temos que corrixir.

 

10.3.16

ESPAZOS NATURAIS CON PROTECCIÓN

Para mirar a informacion dos paneis infortativos sobre os espazos naturais galegos con proteccion aquí deixo as ligazóns

CMATI

GALIPEDIA

http://centros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/osespaciosprotexidos.pdf


TURGALICIA





Fotos propias


Así quedaron os nosos paneis e trípticos:

21.2.16

O VERBO

Deixovos dúas presentacións con esquemas e cadros para entendermos algo mellor por un lado iso da segmentación morfolóxica do verbo (MMT, MNP, VT) e por outro as formas nominais, usos do infinitivo conxugado e perífrases galegas.
Hoxe na clase decatámonos de que grazas a estes cadros eu podo deducir cal é a raíz dun verbo irregular só con saber cales son os elementos que leva ao final. Non sempre poderedes comezar a análise morfolóxica pola raíz, lembrade isto.

 CONXUGADOR DE VERBOS EN GALEGO: CILENIS


17.2.16

SÉCULOS ESCUROS



Un pequeno esquemiña para o alumnado de 3º ESO.

CLIC 


LUSOFONÍA

CPLP

A CPLP tem procurado estruturar-se ao longo da sua existência. Reflectindo a vontade política dos Estados-membros, as aspirações e expectativas dos seus cidadãos, a Organização tem progredido no sentido de uma adaptação evolutiva das suas estruturas. 

Coñeza o Instituto Camões

Jogo da Lusofonía do Instituto Camões. 

http://cvc.instituto-camoes.pt/aprender-portugues/a-brincar/jogo-da-lusofonia.html







PONTE NAS ONDAS

 "PONTE...NAS ONDAS! é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galicia ( España ) e do norte de Portugal, coa participación de centros educativos doutros países."

CANTOS DA MARÉ





SARMIENTO

http://www.consellodacultura.gal/sarmiento/o-proxecto/o-proxecto-sarmiento/

"O interese da obra de Sarmiento, na que a temática galega ten un peso incuestionable, transcende con moito os límites do noso país. Trátase dunha figura capital do tempo da Ilustración, e o seu vasto labor de experimentación e recolleita de datos senta, en moitos casos, as bases dos futuros discursos científicos."

PADRE SARMIENTO_EDUCACIÓN




A escola das areas é unha curtametraxe de animación dirixida por Tomás Conde e Virgina Curiá. Estreouse en 2002, co gallo de se lle dedicar o Día das Letras Galegas a frei Martiño Sarmiento (1695-1772).
 

2.2.16

DRAGAL 2016

O proxecto Dragal bota a andar un curso máis e poderedes atopar toda a información e as actividades no PORTAL DA LINGUA GALEGA






28.1.16

ROTEIRO MANUEL MARÍA TERRA CHÁ

Os versos de Manuel María lévannos da man do Cafi ata a súa comarca, a Terra Chá. Guiados polo remorso do río Miño, o son mainiño e máxico dos regatos e a musica das verbas do poeta iremos de acó para aló descubrindo a Galicia máxica, o noso patrimonio inmaterial, o patrimonio cultural e o que foi o fogar do escritor, A fundación Manuel María.





27.1.16

CANTIGAS DE SANTA MARÍA




Ligazón ao índice de Cantigas de Santa María



Santa Maria,
Strela do dia,
mostra-nos via
pera Deus e nos guia.
 Ca veer faze-los errados 
que perder foran per pecados 
entender de que mui culpados 
son; mais per ti son perdõados 
da ousadia 
que lles fazia 
fazer folia 
mais que non deveria. 
Santa Maria...

Amostrar-nos deves carreira 
por gãar en toda maneira 
a sen par luz e verdadeira 
que tu dar-nos podes senlleira; 
ca Deus a ti a 
outorgaria 
e a querría 
por ti dar e daria. 
Santa Maria...
 Guiar ben nos pod' o teu siso 
mais ca ren pera Parayso 
u Deus ten senpre goy' e riso 
pora quen en el creer quiso; 
e prazer-m-ia 
se te prazia 
que foss' a mia 
alm' en tal compannia. 
Santa Maria...







Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.

Rosa de beldad' e de parecer
e Fror d'alegria e de prazer,
Dona en mui piadosa ser
Sennor en toller coitas e doores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.



Atal Sennor dev' ome muit' amar,
que de todo mal o pode guardar;
e pode-ll' os peccados perdõar,
que faz no mundo per maos sabores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.


Devemo-la muit' amar e servir,
ca punna de nos guardar de falir;
des i dos erros nos faz repentir,
que nos fazemos come pecadores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.


Esta dona que tenno por Sennore 
de que quero seer trobador,
se eu per ren poss' aver seu amor,
dou ao demo os outros amores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.