26.3.11

Letras Galegas 2011

Como experimento co LIM aí vai un "bosquexo" dunha posible actividade sobre dúas cousiñas da vida de Lois Pereiro. Espero ter tempo esta semana para ampliar con textos explicativos antes das actividades. Non é difícil pero, coma todo, supoño que lle terei que meter horas para conseguir algo con xeito e non isto que me saíu na primeira proba.



21.3.11

Dillo cunha canción

A pesar da demora aí vai o único traballo do meu alumnado no IES Pazo da Mercé que propuxemos para o día dos namorados. O alumnado debía combinar música en galego con imaxes e crear un video dedicado ao amor.

Noraboa Andrea polo esforzo e o traballo e por non deixarte levar polas ansias que lle poñen os teus colegas de alula.