19.12.13

BO NADAL MIÚDOS!!!

 B O    N A D A L 


Que o apalpador encha de maxia o mundo de cada un dos lectores e lectoras. E que aos alumnos/as lles deixe pingas de creatividade e imaxinaicón para seguir descubrindo a nosa cultura e xogando coa nosa lingua.

Grazas á recuperación  deste ser agochado durante anos na memoria dos nosos maiores todos os pequenos/as estiveron cantando o tema que Pablo Díaz inclúe no Toc Toc. Estaban ilusionados e non deixaban de pedir que lla puxera, e había outras pero gustoulles o APALPADOR.



ROCANROL DRAGÓN

Agasallo de Magín Blanco para os nosos dragaliños/as. Está claro que o soño do dragón é posible. 

No blogue de MEXUNXE tedes o enlace ás letras.


 


Os meus dragaliños ríronse cando a puxen, daquela quiteina e daquela xurdiu a maxia e pedíronme que a volvera poñer e saíron ao recreo cantándoa. Como son estes pequechos/as  ahahahaha!!!

18.12.13

O APALPADOR


Este enlace é para o alumnado de 1º da ESO, que na súa meirande parte non sabía quen era o APALPADOR cando lles puxen a canción de Pablo Díaz, co mesmo título do albun TOC TOC.


DRAGAL E O SEU MUNDO


O alumnado de segundo da ESO leu este trimestre a novela de Dragal. E esta foi unha ferramenta imprescindible para traballar os textos descritivos ou os elementos da narración. 

Ademais serviulle ao alumnado para reparar que a nosa cultura agocha segredos e seres máxicos ou  verdadeiras xoias da Arte Románica, que ben lles explicou a profe de hsitoria e que agora terán que atopar no lugar no que viven.

Podedes xogar un anaco para repasar eses nomes curiosos que fostes aprendendo coa novela facendo clic AQUÍ. Así coñeceredes o espazo de traballo dos compañeiros/as doutros centros.


14.12.13

O DIÁLOGO

Unha pequena axuda:





Unhas cantas actividades. 

1. Despois de ver o seguinte corto de animación escollede algún compañeiro/a que reproduza os diálogos.




2. Agora escribide os diálogos despois de ver o seguinte corto.






3. Aquí tedes máis actividades.

 
Actividades sobre o diálogo from Loli Cid Cid


O CUESTIONARIO PROUST (Busca alguén que admires para entrevistar)


1.– Principal trazo do seu  carácter?
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
3.– Que agarda das súas amizades?
4.– A súa principal eiva?
5.–  A súa ocupación favorita?
6.–  O seu ideal de felicidade?
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
8.– Que lle gustaría ser?
9.– En que país desexaría vivir?
10.– A súa cor favorita?
11. – A flor que máis lle gusta?
12.– O paxaro que prefire?
13.– A súa devoción na prosa?
14.– E na poesía?
15. Un libro?
16.– Un heroe de ficción?
17.– Unha heroína?
18.– A súa música favorita?
19.– Na pintura?
20.–  Un heroe ou heroína na vida real?
21.– O seu nome favorito?
22.– Que hábito alleo non soporta?
23.– O que máis odia?
24.– A figura histórica que máis despreza?
25.– Un feito militar que admire?
26.– Que don natural lle gustaría ter?
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
30.– Un lema na súa vida?