Grazas a este vídeo poderedes entender esa poesía máis existencialista de Rosalía de Castro.
Reparade cando vexades o vídeo nas cuestións que figuran abaixo.
CUESTIONARIO SOBRE O VÍDEO
1- Cal é a repercusión de Rosalía de Castro na nosa litreratura?
2- Cal é o elemento natural que exerce unha influencia especial sobre a escritora?
3- Que corrente de pensamento inflúe nela para ter esta atracción polo elemento que buscamos?
4- Explica por que sente Rosalía unha fonda preocupación polos nenos abandonados?
5- Que drama da vida de Rosalía representa o símbolo da "Negra sombra"?
6- Cando como e onde coñece Rosalía a Murguía? Cando casa con el?
7- Que concepción ten da muller Murguía?
8- Que opinión expresa Rosalía no artigo "Las literatas" sobre o papel da muller no séc. XIX?
9- Que é o que lle preocupa realmente da situación da muller?
10- Que papel xoga Aurelio Aguirre na vida de Rosalía?
11- Cal é a razón pola que Rosalía decide escribir en Galego?
12- Cales sib is sugnificados do símbolo da "sombra" segundo os distintos especialistas?
13- Cal é a orixe do sentimento de "DOR" que persegue a Rosalía?
Máis para coñecer a Rosalía.
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía b>. Amosar todas as publicacións
18.5.16
29.4.14
NAS TARDES ESCURAS - NARF
Narf rende homenaxe a Rosalía de Castro cun traballo baseado nos textos da "revolucionaria feminista", como lle dixo o cantante nun dos seus concertos.
Estes son os títulos dos temas que inclúe o seu traballo:
Tal como as nubes
Nunca sospiro
Cabe das froles
Amores cativos
Pasade
Ódiote
Lúa descolorida
Ti onte, mañán eu
Bos amores
Follas Novas
Nas tardes escuras
Nunca sospiro
Cabe das froles
Amores cativos
Pasade
Ódiote
Lúa descolorida
Ti onte, mañán eu
Bos amores
Follas Novas
Nas tardes escuras
Así semos
3.4.14
DE ROSALÍA A ROI CASAL
Que maneira mellor que comezar a clase de Rosalía con esta magnífica interpretación de Silvia Ferre e Roi Casal, xunto aos seus músicos e ao seu pai, Nando Casal, o creador do grupo Milladoiro.
Tecin soia á miña tea,
Sembrei soia o meu nabal,
Soia vou por leña ô monte,
Soia á veo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El a non me pousará.
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hei de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas d'o mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.
Rosalía de Castro, Follas novas
Tecin soia á miña tea,
Sembrei soia o meu nabal,
Soia vou por leña ô monte,
Soia á veo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El a non me pousará.
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hei de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas d'o mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.
Rosalía de Castro, Follas novas
3.3.14
DÍA ROSALÍA DE CASTRO
O alumnado de 1º ESO recita a Rosalía no día 24 de febreiro e celebramos o seu 177 aniversario.
24.2.14
22.2.14
GRAFITI ROSALÍA
Escolma de textos para os grafitis colectvos para que toda a comunidade educativa se sume a homenaxe dunha das mulleres con máis talento e valentía das nosas letras: Rosalía de Castro
18.2.14
TODAS CON ROSALÍA
O 24 deste mes celebramos o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, unha muller grande, símbolo de NÓS, dunha cultura grande!!!!
30.1.14
DÍA DA PAZ
Nunhas semanas celebramos a Rosalía de Castro, e 150 aniversario da publicación de Cantares, daquela escollín este poema que fala da PAZ para o día de hoxe.
Xa sei que me diredes que fala da "paz" persoal, da harmonía e sosego interno; pero, realmente, penso que só cando todas as persoas deste mundo atopen ese sosego interno e se deixen de vivir pensando en facer mal aos demais e a si mesmos con pretensións "marcianas" poderemos vivir nun mundo sen conflitos.
Paz, paz deseada
Pra min, ¿onde está?
Quiais n'hey de tela...
¡N'a tiben amais!
Sosego, descanso,
¿Ond'hey d'o atopar?
N'os mals que me matan,
N'a dor que me dan.
¡Paz! ¡paz tiés
mentira!
¡Pra min non'a hay!
9.5.13
AID + RAP + ROSALÍA
Este venres día 10 podedes gozar dunha sesión de RAP e dunha homenaxe a Rosalía de Castro da man de AID. O concerto vai ser detrás do Marco, na rúa Londres, ás 8.30 e a entrada é de valde.
9.4.13
ESCOLMA CANTARES GALLEGOS
Adrián, aquí deixo os poemas de Cantares Gallegos que tiñades que comentar.
Ver máis sobre Rosalía nesta entrada. PREME
Ver máis sobre Rosalía nesta entrada. PREME
18.3.13
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
Presentación de introdución ao Rexurdimento e á obra de Rosalía de Castro.
Leo falando de Rosalía:
Leo falando de Rosalía:
7.3.13
CANTARES GALLEGOS
foto de: lifewordslw.blogspot.com |
Aviso para o alumnado de 1ª BACH F e H de IEs Santa Irene.
A lectura obrigatoria que marcou a vosa profe foi a de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
Xa que este venres é un día de homenaxe ás mulleres e este o ano do 150 aniversario do libro da autora, paréceme acertadísima a escolla.
Se non tedes o libro na casa, ou on o podedes coller na Bilioteca do centro recordade que o podedes ler na Biblioteca Virtual Galega. Facede clic na imaxe.
Gozade coa lectura!
Para seguir mergullados no mundo de Rosalía recoméndovos os videos con versións dalgúns dos seus poemas que podedes atopar en youtube.
Para seguir mergullados no mundo de Rosalía recoméndovos os videos con versións dalgúns dos seus poemas que podedes atopar en youtube.
22.2.13
150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS
O día 24 vai ser especial este ano porque temos o privilexio de homenaxear un fito histórico para a lingua e a literatura galega.
A publicación dos Cantares Gallegos foi algo máis ca unha reivindicación da nosa lingua ou da nosa cultura a través dos cantares dunha nena cun ton inocente. Serán a antesala dun libro máis potente, as Follas novas, onde o falar non ten cancelas, onde as mensaxes de dor traspasan o persoal para solidarizarse e denunciar inxustizas plurais.
Reparade nos versos que escoitamos no seguinte vídeo e reflexionade sobre a situación actual do noso país. Non me diredes que Rosalía de Castro non está de moda? Non me negaredes que foi, sen dúbida unha muller adiantada ao seu tempo?
Creo que moitas veces se asocia a escritora coa palabra SENTIMENTO eu prefiro estoutras dúas CORAXE E VALOR.
24.2.12
Rosalía de Castro
Hoxe, 24 de febreiro, celebramos os 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Como homenaxe á poetisa de Padrón déixovos o poema que máis me gusta da autora, xa que nel podemos ver os sentimentos máis profundos, amor polos fillos e odio cara unha sociedade inxusta, non moi afastada da actual na que, unha vez máis, os problemas dos "ricos" páganos os "pobres".
Facede clic no título e escoitade a marchosa versión do poema de Rosalía a man de NAO.
Grazas Xoan por todos os retallos de nós que nós deixas nesta xanela. Bicos Mar polos grnaciños de area que fan a "casa" máis grande.
Facede clic no título e escoitade a marchosa versión do poema de Rosalía a man de NAO.
Grazas Xoan por todos os retallos de nós que nós deixas nesta xanela. Bicos Mar polos grnaciños de area que fan a "casa" máis grande.
A xusticia pola man. Rosalía de Castro
Aqués que tén fama d' honrados na vilaroubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―――
―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.
Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)
27.7.10
Día da Patria Galega
Hoxe Xoan convidoume a ver os cambios en Son de Poetas e vin a Rosalía no centro do blog.
Iso recordoume ao recitado que fixo Teresa Devesa na festa do día 24 pola noite que se celebra todos os anos na miña parroquia, Santiago de Folgoso.
Uníndonos á homenaxe á nosa poetisa a concelleira recitou o poema da "Xustiza pola man". Se premedes no enlace ao blog antes citado podedes escoitedes unha versión moi movida deste poema de Rosalía.
Grazas Xoan, moi bo traballo!!!
Iso recordoume ao recitado que fixo Teresa Devesa na festa do día 24 pola noite que se celebra todos os anos na miña parroquia, Santiago de Folgoso.
Uníndonos á homenaxe á nosa poetisa a concelleira recitou o poema da "Xustiza pola man". Se premedes no enlace ao blog antes citado podedes escoitedes unha versión moi movida deste poema de Rosalía.
Grazas Xoan, moi bo traballo!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)