24.1.13

ACTIVIDADES SINTAXE


Xa tedes no blog de SINTAXE as actividades das cláusulas coordenadas. Déixo a presentación aquí tamén, pero recordade que alí tedes a axuda para resolver.  

Sinto non poder subir o lim, por iso fixen a presentación de diapositivas.


 

19.1.13

O ARNOIA ATEIGADO

O Arnoia ergueuse encabuxado esta mañá e alarmou a veciñanza que bulía para poñer a  bo recaudo as pertenzas que tiña nas marxes do río. Prados e baixos de casas e restaurantes  beberon a fartar tras o paso da cicloxénese.

Andado o día, a auga seguía a bulir con presa cara un destino incerto. A xente paseou vixilante ao seu carón deixándose levar polo son da auga e gozando das fermosas estampas invernais que produciron dúas semanas de choivas que parecen non rematar aínda. Pero como din os maiores, isto é o normal en Galicia... e levan razón!!!



18.1.13

MISTERIO E MEDO


O misterio e o medo ocupan as páxinas das novelas de Marcos Serafín e Agustín Agra como nos presentan neste video do IES Porto do Son e que comparto convosco grazas a Román Landín. 

 Unha boa actividade que de seguro engaiola a máis dun a ficar prendido das liñas que conducen a historia de Trampa de luz e O tanxedor de campás.


 

14.1.13

CONCURSO MICRORRELATOS OZOCOGZ

Este concurso baseado nos seres máxicos e lendas galegas vénnos moi ben para o alumnado do IES de Mos que xa ten algo escrito sobre a fauna máxica galega. De todas formas calquera que cumpra os requisitos das bases pode participar. 

Seguimos creando. Animádevos.

 

8.1.13

CERTAME POESÍA MUGARDOS

Para comezar o ano de maneira creativa que mellor que participar nun concurso literario de poesía?

Aquí vos deixo as bases do certame que organiza o Concello de Mugardos.