Amosando publicacións coa etiqueta Violencia de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Violencia de xénero. Amosar todas as publicacións

10.4.12

Falando de libros...


Que che pareceron os libros que liches este trimestre?


O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA_________Bea Calviño Romero 4ºB

Segundo o meu punto de vista o libro paréceme moi bo, xa que non é coma os demais, eses nos que a protagonista é unha adolescente e só se centra no amor. Este libro fala dunha realidade que, por desgraza, aínda que non a queiramos ver, existe: a discriminación das persoas e das mulleres.
Só se trata de amosar un pouco de interese polo tema e na vida cotiá xa podemos encontrar co machismo, co pouco aprecio polas mulleres. Nós mesmos, sen decatarnos, podemos cometer un acto de discriminación cara as mulleres sen decatarnos que son un ser vivo máis e non hai que tratalas con diferenza, senón co mesmo respecto ca todo.
Paréceme moi acertado o feito de introducir a avoa como elo de unión entre a protagonista e a historia da muller noutros países. Grazas aos seus mails poderemos coñecer a situación da muller na India ou en África por citar algúns dos sitios nos que a situación das mulleres e inxusta e tráxica.

O libro pareceume xenial e ensinoume a ver cousas moi evidentes e que eu descoñecía. Aínda que ao final foi algo "raro" gustaríame ler outro libro da autora e dende hoxe levarei os "lentes violetas" como ela di.

31.8.11

O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA

Gemma Lienas convídanos a poñer uns lentes violetas e camiñar da man de Carlota por un mundo cheo de desigualdades, como vemos nos correos que lle envía súa avoa ou na vida da xente que rodea á protagonista.

"...desde que nacemos nos van ensinando a ter unha serie de características, virtudes ou defectos (...) comportamentos e crenzas hipoteticamente necesarios nunha muller. Dende o nacemento, polo tanto, ensínannos a "ser mulleres" tal como a sociedade pretende qeu sexamos..." (páx. 120)

O seu diario, un agasallo un tanto desfasado, acaba sendo a escusa para unha loita pola igualdade. Un grupo de adolescentes liderado por Carlota tenta romper con todas esas ideas preconcevidas que traemos de serie para buscar un mundo máis libre e equitativo, onde as mostras de machismo seguen presentes aínda que xa as teñamos asimiladas e non as poidamos ver.

A autora di do seu libro:

É moito máis ca novela e ca un diario. En día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende a óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísimas situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.

Blog do Diario violeta



Aquí deixo unhas preguntas que atopei para traballar a lectura do libro.

O diario violeta de Carlota



MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com






Podedes atopar materiais para a educación en valores neste enlace

Podedes atopar películas

9.12.10

25 de novembro

Noraboa polo traballo Xoán. Vexo que non decae o ánimo e seguides a traballar tanto e tan ben. Que morriña!!!
Esta presentación espero que sirva para que a xente reflexione. Mágoa que non a vexa quen ten que vela. Daquela seguiremos con noticias coma as da ponte, as de hoxe e as de pasadomañá. É raro o día que non prendes a TV para ver o noticieiro e non escoitas algo sobre o maltrato a mulleres, case sempre.

18.11.10

2.12.09

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Podemos dicir que a semana pasada xirou ó redor do día 25 de novembro.

O alumnado de 2º da ESO, logo dun mes de traballo, realizou unha presentación combinando as imaxes e a música que atoparon sobre a violencia de xénero coas súas frases sobre o mesmo tema. O citado día puxémolas nunha pantalla na entrada do centro e todo o mundo estaba véndoa coma se estivesen no cine, mesmo tivemos que repetir.

Espero que a vós tamén vos guste e teñades unha conexión boa para que vos cargue o video.



Tamén fixeron unha exposición no centro na cal deixaron as súas mensaxes no muro "Que lle dirías a un maltratador", título dun concurso que organizaba o Concello de Lalín e no cal participou o noso alumnado.

Aproveitamos a disposición do centro para colgar o nome das vítimas que este ano morreron a mans das súas parellas, logo de procurar información na rede. Pola disposición da exposición daba a sensación que un/unha estaba rodeado de "MORTAS" e o efecto foi o desexado. Todos/as quedaban sorprendidas do elevado número de mulleres que levan morrido xa este ano e tomaron conciencia da gravidade dos feitos.




Como vedes na primeira imaxe deste video o día rematou cun acto no Obelisco, onde cada quen podía levar un par de zapatos co seu nome para solidarizarse coas vítimas de violencia de xénero. Outra vez penso eu que se conseguiu o efecto desexado, xa que, quen reparar naquela morea de zapatiños orfos, non podía deixar de imaxinar a de familias rotas e nenos sen nais que esta lacra social deixa en España cada ano.

E para rematar a semana nada mellor que un curso sobre "Linguaxe e xénero" no Reitorado da UC acompañada das miñas compañeiras de departamento. Todo un luxo non só gozar da súa compañía, da oratoria de personaxes do mundo da cultura galega e dun marco incomparable. Todo un pracer desconectar de cando en cando engaiolada polo doce movemento das ondas que manseniñamente levaban os barcos dunha ría a outra, transportándote a ti tamén a gozar un intre dos moitos recunchos máxicos que ten a nosa costa.

27.10.09

Fomentando a igualdade

Aquí vos presento unha unidade didáctica tirada do STEG para traballar con motivo do Día Mundial Contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro.





Aquí deixo a nova UD do steg


Achego tamén unha canción que me trouxo un alumno cando lles propuxen o tema. É a historia dunha moza que comeza sendo feliz e remata... índagade escoitando o video. Gráfica e realista, poderiamos dicir, unha historia que ocorre calquera día en calquera recuncho da sociedade.