29.5.17
OS NENOS DA VARÍOLA
A novela Os nenos da varíola de María Solar, foi a novidade nas lecturas deste curso 2016-2017 e todo un éxito.
A lectura resultoulle interesante e amena ao noso alumnado e iso é unha gran satisfacción como docente.
Despois da lectura viños a película de Miguel Bardén, 22 ángeles, inspirada nunha novela anterior á nosa, de 2010, de aí que o que non haxa simetría entre a obra e o fime que vimos.
Por último o Alumnado de bacharelato do IES Rafael Puga Ramón, reflexionou sobre a lectura, por un lado analizando os problemas daquela época e confrontándoos cos da sociedade actual e por outro contrastando coa novela. Ademais tamén nos contan que foi o que máis e o que menos lles gustou.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)