Unha vez máis a escritora María Solar engaiólame coa lectura dunha das súas novelas, sempre tan intensas de sentimentos, valores e aprendizaxes.
As horas roubadas déixanos un sabor doce por esa historia de amor que pervive ao longo do tempo, que nace furtiva nunha Arxentina libre e morre nunha Galicia aínda cativa e con moitos prexuízos. Por outro lado, sóubome a pouco; xa que cando rematei de ler quedou un gran baleiro, quería máis, seguir lendo e ledo.
Deixo para o alumnado unhas preguntas de reflexión sobre a lectura.
Amosando publicacións coa etiqueta literatura galega b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura galega b>. Amosar todas as publicacións
17.4.20
10.4.20
Literatura galega de posguerra II
Despois de traballarmos na aula a literatura galega do exilio, deixo para o alumnado de 4º da eso un cuestionario de repaso da información que fomos destacando.
Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 7.
Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 7.
Literatura galega de posguerra I
Despois de traballarmos na aula a literatura galega do exilio, deixo para o alumnado de 4º da eso un cuestionario de repaso da información que fomos destacando.
Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 6.
Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 6.
6.4.20
Xogando coa poesía
Nesta xanela deixo algúns dos traballos do alumnado do IES O Couto, 2º ESO, durante as tres primeiras semanas da corentena.
Grazas por poñerdes a pinga de cor a este tempo incerto.
Grazas por poñerdes a pinga de cor a este tempo incerto.
22.3.20
Literatura Galega do Exilio
Despois de traballarmos na aula a literatura galega do exilio, deixo para o alumnado de 4º da eso un cuestionario de repaso da información que fomos destacando.
Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 5.
Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 5.
21.3.20
Iridium
| Portada da novela |
Nestes días nos que todos botamos de menos o IES, déixovos unha
proposta de lectura: Iridium, de Francisco Castro. Gustoume!!
Podedes leva como optativa e logo facer o cuestionario de abaixo.
A ver quen é o máis espelido, preme na ligazón despois de ler para
traballar a coprensión.
Por último podedes gravar un audio ou vídeo no que fagades unha valoración da obra e
compartilo.
20.11.19
Castelao
Castelao humorista: obra literaria Vídeo que amosa a faceta humorística das obras literarias e gráficas do escritor.
Presentación de diapositivas de Castelao feito polo IES Meaño
Padlet, mural con material sobre escritores do grupo Nós.
Os vellos non deben de namorarse
29.5.17
OS NENOS DA VARÍOLA
A novela Os nenos da varíola de María Solar, foi a novidade nas lecturas deste curso 2016-2017 e todo un éxito.
A lectura resultoulle interesante e amena ao noso alumnado e iso é unha gran satisfacción como docente.
Despois da lectura viños a película de Miguel Bardén, 22 ángeles, inspirada nunha novela anterior á nosa, de 2010, de aí que o que non haxa simetría entre a obra e o fime que vimos.
Por último o Alumnado de bacharelato do IES Rafael Puga Ramón, reflexionou sobre a lectura, por un lado analizando os problemas daquela época e confrontándoos cos da sociedade actual e por outro contrastando coa novela. Ademais tamén nos contan que foi o que máis e o que menos lles gustou.
28.3.17
SS EE
O alumnado de BAC, despois de dúas semanas de ver vídeos e buscar os porqués da situación de Galicia e do galego durante este período, elaborou un xogo de preguntas nos que se puxeron a proba os coñecementos sobre os SS EE. Para iso levaron tiveron que traballar en pequenos grupos e chegar a consensos para elixir as preguntas que mellor acaían á categoría que lles tocou traballar. Despois dunha competición por equipos demostraron a súa pericia e de forma individual deixaron estas nubes nas que reflexan os termos que para eles e elas van asociados a estes anos da nosa historia.
30.1.17
HOMENAXE A AGUSTÍN 1ª ESO
O alumnado de 1º ESO B despois de ler e rebuscar cousiñas sobre o noso autor, conseguiron artellar este panel onde recolleron algúns feitos da súa vida e algunhas das obras que leron ou teñen por ler.
Agora déixovos unha peqeuna explicación sobre Agustín que fixeron os colaboradores do Proxecto 21 Días co Gaelgo.
13.12.16
A VIAXE DE GAGARIN
O alumndo de BAC do IES Rafael Puga Ramón vai facer de detective.
Quen sabe se algún chegará a ser o Holmes da novela de Agustín Fernández Paz que nos permite unha viaxe polas rúas e espazos emblemáticos da cidade da Coruña.
Reto ao alumnado a tirar o maior número de fotos posibles que recreen o estado actual dos espazos de posguerra que aparecen na novela. Abofé que algún cambiou pero ben seguro que todos seguen no seu lugar!!!
En canto vaides tirando as fotos debedes abrir unha carpeta no voso Drive, con nome e apelidos. Nomeade as fotos co lugar que estades fotografando. E por último, subídeas ao mapa que comecei para vós.
Recordade que debedes engadir un anaquiño da novela que fale dese sitio.
Por suposto, podedes subirir todas as fotos que queirades.
É moi importante que poñades quen fixo as fotos, xa que tedes dereito de autor/a sobre elas e quen editou o punto do mapa.
Aquí tedes a ligazón
Algunha Valoración do alumnado de BAC:
Lara Camiña
"A novela, ó meu parecer, é unha perfecta viaxe polos carreiros da memoria dos anos sesenta e é moi doado deixarse arrastrar pola levada lenta dese río que nos envolve e no que todo parece evidente, si, pero narrado con tal precisión que un ten a certeza de estar a estrear novamente eses acontecementos xa vividos por gran parte da nosa sociedade. É certo que, ás veces, non sei se na procura dun público máis amplo, ou nesa teima tan minuciosa de non deixar fíos soltos, Agustín cae na trampa do exceso de información. Quizáis para persoas de certa idade sexa repetitivo, mais talvez non estea de máis para os máis novos, que descoñecemos a realidade da España franquista deses anos sesenta nos que comezaban a chegar a moitas casas os primeiros frigoríficos, lavadoras e televisións e existía unha ditadura con órganos tan repulsivos coma o Tribunal de Orde Pública e a Brigada Político-Social, non sei. O que si sei é que estamos diante dunha fermosa novela, traballada nos detalles, no galego falado na época, na documentación, na recreación de atmosferas, e coa que Agustín se sitúa no lugar máis alto da nosa narrativa pola súa facilidade para apañaren as pantasmas dun tempo e darlles corpo cunha exquisita e estudada sinxeleza."
23.5.16
FALEMOS DE LITERATURA
Déixovos a lista de reprodución con vídeos resumo das clases de literatura galega para que poidades repasar para as recuperacións
CEN ANOS DAS IRMANDADES DA FALA
Atopei esta presentación de diapositivas feita polos compañeiros doutro IES que nos pode axudar a coñecer nun chisco máis que foron as Irmandades da Fala.
Para saber máis:
http://academia.gal/irmandades-da-fala
https://gl.wikipedia.org/wiki/Irmandades_da_Fala
Poesía das Irmandades
Álbum das Irmandades da Fala, Consello da Cultura Galega
As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.
Vídeo publicado a 06/12/2012
Entrevista a Tereixa Vilar Chao, filha de Ramom Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala
Vídeo publicado a 03/03/2014 As Escolas de Ensino Galego das Irmandades da Fala funcionárom na Corunha entre 1926 e 1931, mas só a secçom masculina. A tentativa de abrir umha secçom feminina, que ia ser levada a cabo por Elvira Bao, nom prosperou.
Vídeo do roteiro das Irmandades que fala de Curros Enriquez
PONDAL
BIOGRAFÍA
LETRA DO HIMNO GALEGO
LETRA DO HIMNO GALEGO
| Letra orixinal de 1890
Que din os
rumorosos
Na costa
verdecente,
Ó rayo
trasparente,
Do prácido
luar...?
Que din as altas
copas
D'escuro arume
arpado,
Co seu ben
compasado,
Monótono
fungar...?
Do teu verdor
cingido,
É de benígnos
astros,
Confin dos verdes
castros,
E valeroso clán,
Non dés a
esquecemento,
Da injuria o rudo
encono;
Despérta do teu
sono,
Fogar de Breogán.
Os boos e
generosos,
A nosa voz
entenden;
E con arroubo
atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os
ignorantes,
E férridos e
duros,
Imbéciles e
escuros
No-nos entenden,
non.
Os tempos son
chegados,
Dos bardos das
edades,
Q'as vosas
vaguedades,
Cumprido fin
terán;
Pois donde quer
gigante,
A nosa voz
pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.
|
Letra de 1984
Que din os
rumorosos
na costa
verdecente,
ao raio
transparente
do prácido luar?
Que din as altas
copas
de escuro arume
arpado
co seu ben
compasado
monótono fungar?
Do teu verdor
cinguido
e de benignos
astros,
confín dos verdes
castros
e valeroso chan,
non des a
esquecemento
da inxuria o rudo
encono;
desperta do teu
sono
fogar de Breogán.
Os bos e
xenerosos
a nosa voz
entenden
e con arroubo
atenden
o noso ronco son,
mais sóo os
iñorantes
e féridos e
duros,
imbéciles e
escuros
non nos entenden,
non.
Os tempos son
chegados
dos bardos das
edades
que as vosas
vaguedades
cumprido fin
terán;
pois, donde quer,
xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
|
18.5.16
O MAR E A SOMBRA NA OBRA DE ROSALÍA
Grazas a este vídeo poderedes entender esa poesía máis existencialista de Rosalía de Castro.
Reparade cando vexades o vídeo nas cuestións que figuran abaixo.
CUESTIONARIO SOBRE O VÍDEO
1- Cal é a repercusión de Rosalía de Castro na nosa litreratura?
2- Cal é o elemento natural que exerce unha influencia especial sobre a escritora?
3- Que corrente de pensamento inflúe nela para ter esta atracción polo elemento que buscamos?
4- Explica por que sente Rosalía unha fonda preocupación polos nenos abandonados?
5- Que drama da vida de Rosalía representa o símbolo da "Negra sombra"?
6- Cando como e onde coñece Rosalía a Murguía? Cando casa con el?
7- Que concepción ten da muller Murguía?
8- Que opinión expresa Rosalía no artigo "Las literatas" sobre o papel da muller no séc. XIX?
9- Que é o que lle preocupa realmente da situación da muller?
10- Que papel xoga Aurelio Aguirre na vida de Rosalía?
11- Cal é a razón pola que Rosalía decide escribir en Galego?
12- Cales sib is sugnificados do símbolo da "sombra" segundo os distintos especialistas?
13- Cal é a orixe do sentimento de "DOR" que persegue a Rosalía?
Máis para coñecer a Rosalía.
Reparade cando vexades o vídeo nas cuestións que figuran abaixo.
CUESTIONARIO SOBRE O VÍDEO
1- Cal é a repercusión de Rosalía de Castro na nosa litreratura?
2- Cal é o elemento natural que exerce unha influencia especial sobre a escritora?
3- Que corrente de pensamento inflúe nela para ter esta atracción polo elemento que buscamos?
4- Explica por que sente Rosalía unha fonda preocupación polos nenos abandonados?
5- Que drama da vida de Rosalía representa o símbolo da "Negra sombra"?
6- Cando como e onde coñece Rosalía a Murguía? Cando casa con el?
7- Que concepción ten da muller Murguía?
8- Que opinión expresa Rosalía no artigo "Las literatas" sobre o papel da muller no séc. XIX?
9- Que é o que lle preocupa realmente da situación da muller?
10- Que papel xoga Aurelio Aguirre na vida de Rosalía?
11- Cal é a razón pola que Rosalía decide escribir en Galego?
12- Cales sib is sugnificados do símbolo da "sombra" segundo os distintos especialistas?
13- Cal é a orixe do sentimento de "DOR" que persegue a Rosalía?
Máis para coñecer a Rosalía.
CURROS ENRÍQUEZ
Neste mapa podes ver os puntos principais do percorrido literario que grazas aos poemas de Curros podemos facer en Terras de Celanova.
Nesta presentación podedes atopar unhas notas para interpretar a temática da obra Aires da miña terra, feitas por Benito Varela Jácome, na edición de Xerais que dirixe Xosé Ramón Pena.
AQUÍ TEDES O CUESTIONARIO DO VÍDEO
Podedes facer un percorrido pola casa do poeta en Celanova se visitades a web da Fundación Curros Enríquez.
![]() |
| foto da web elecohernandiano |
Aquí deixo unha versión do "Maio" poema que escribiu Curros e que Emilio Batallán interpreta e publica en 1975 por primeira vez.
17.2.16
SARMIENTO
"O interese da obra de Sarmiento, na que a temática galega ten un peso
incuestionable, transcende con moito os límites do noso país. Trátase
dunha figura capital do tempo da Ilustración, e o seu vasto labor de
experimentación e recolleita de datos senta, en moitos casos, as bases
dos futuros discursos científicos."
PADRE SARMIENTO_EDUCACIÓN
A escola das areas é unha curtametraxe de animación dirixida por Tomás Conde e Virgina Curiá. Estreouse en 2002, co gallo de se lle dedicar o Día das Letras Galegas a frei Martiño Sarmiento (1695-1772).
1.2.16
28.1.16
ROTEIRO MANUEL MARÍA TERRA CHÁ
Os versos de Manuel María lévannos da man do Cafi ata a súa comarca, a Terra Chá. Guiados polo remorso do río Miño, o son mainiño e máxico dos regatos e a musica das verbas do poeta iremos de acó para aló descubrindo a Galicia máxica, o noso patrimonio inmaterial, o patrimonio cultural e o que foi o fogar do escritor, A fundación Manuel María.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






