17.4.20

As horas Roubadas, María Solar

Unha vez máis a escritora María Solar engaiólame coa lectura dunha das súas novelas, sempre tan intensas de sentimentos, valores e aprendizaxes.

As horas roubadas déixanos un sabor doce por esa historia de amor que pervive ao longo do tempo, que nace furtiva nunha Arxentina libre e morre nunha Galicia aínda cativa e con moitos prexuízos. Por outro lado, sóubome a pouco; xa que cando rematei de ler quedou un gran baleiro, quería máis, seguir lendo e ledo.

Deixo para o alumnado unhas preguntas de reflexión sobre a lectura.



Ningún comentario:

Publicar un comentario