Amosando publicacións coa etiqueta Xoán Díaz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xoán Díaz. Amosar todas as publicacións

26.4.12

Escoitar a Valentín

No blog de Son de Poetas xa podemos escoitas un dos poemas de Valentín. Todo un luxo porque é moi complicado atopar os seus poemas. Grazas Xoán. 

7.5.11

Lois Pereiro no David Buján

Grazas Xoán (IES David Buján) por regalarnos e sorpréndenos con actividades innovadoras e atractivas que van chamar a atención e espertar a curiosidade do alumnado. Ben , tamén do profesorado.
Na fotomontaxe podedes acceder a unha serie de audio-puzzles elaborados con recitados dalgún poema do poeta monfortino.
Abride cada unha das xanelas desta imaxe para acceder ao interior do "mundo Lois" e coñecer un pouco máis esa poesía doente e paixonal que saiu da man dun poeta que tentou amoldarse á vida que lle tocou en "sorte" vivir.



























Fotografía: Manuel Vilariño... e o paso do tempo

17.9.10

SON DE POETAS

Hoxe, 17 de setembro de 2010, o curso novo curso escolar para secundaria bota a andar. Xoán Díaz, director de Son de Poetas, faino da mellor maneira que sabe explicando a todo o mundo que aprender literatura pode ser divertido, ou non?

Noraboa polo traballo



Transcribo a entrevista que publicou A Nosa Terra Diario. Grazas Mar, estás en todo.
________________________________________________________________
Blog de poemas musicados


Xoán Díaz: 'Son de Poetas complementa as clases de Literatura'


Redacción . 'Son de Poetas' é un blog que funciona dende o curso 2007-2008 no IES David Buxán de Cambre como recompilatorio de versións musicadas de poemas galegos co fin de achegar a nosa Literatura aos estudantes de Secundaria. O profesor de Literatura e Lingua galega Xoán Díaz dirixe esta bitácora que está a piques de inaugurar a súa cuarta tempada na rede.


Que é 'Son de poetas'?

Quere ser unha causa colectiva para alumnos, compañeiros de profesión e grupos literarios que funciona no curso lectivo e ten como meta aproximar os alumnos á literatura e poesía galega a través da canción e a música.



Dende cando funciona?

Dende o curso 2007-2008.



Como xurdiu?

No equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES David Buxán coñeciamos iniciativas de incentivar a aproximación á literatura por parte do alumnado con poemas musicados en castelán e catalán e quixemos facer algo similar coa literatura galega.



Que periodicidade ten?

Publicamos un poema por semana lectiva e ás veces varias versións musicais dun mesmo texto. En datas importantes como o Día das Letras Galegas ou o pasamento de Rosalía de Castro facemos entradas especiais con recompilacións de poemas musicados dos autores homenaxeados.



Cal é o cometido?

Que os alumnos fagan reflexións sobre os poemas de autores que se revisan nas aulas partindo da música, e que opinen e propoñan outras versións musicadas dun mesmo texto. Tamén relacionar o ensino e a Literatura coas novas tecnoloxías.



É un blog colectivo?

Eu dirixo o blog pero conto coa colaboración dos compañeiros do departamento de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto e de xente que nos da referencias das versións.



Ten moitos seguidores?

Na relación constan máis de 60.000 visitas, a maioría de Galiza, pero tamén de galegos que viven no Brasil e toda Europa. Pero o cometido do blog non é ter moitas visitas, senón dar a coñecer a nosa Literatura a través da música.



Este blog está creado como unha ferramenta de traballo?

Por suposto. Son de Poetas fíxose como un complemento das clases de Literatura galega e para incorporar as novas tecnoloxías ao material escolar. Persoalmente estou moi interesado na integración das Tecnoloxías da Información e Comunicación nas aulas e este blog permíteme experimentar neste eido. É fundamental que contemos con ferramentas dixitais para traballar nas aulas e como profesores estamos obrigados a darlles unhas competencias dixitais aos alumnos e estar ao día nesta materia.