15.10.14

ECOLOXISMO LINGÜÍSTICO, POR FAVOR!!!

Noiticia do xornal Sermos Galiza


A poboación monolingüe en galego, menos do 50% por primeira vez na historia


Os dados proporcionados polo IGE apuntan un retroceso de 13 puntos na última década, porén, a Xunta valora positivamente a situación lingüística en Galiza.

 D.A.

O número de persoas que se declaran monolingües en galego sitúase, por vez primeira na historia, por baixo do 50% da poboación. Esta é a cifra que deita a enquisa elaborada polo Instituto galego de estatística (IGE) a partir dun estudo sobre as condicións de vida das familias galegas. 
No concreto, o IGE cifra no 43,8% a porcentaxe de galegofalantes, maiores de 5 anos, no 2011. Unha cifra que contrasta co 56,84% que se declaraba monolingüe en galego dez anos antes. Segundo o estudo publicado, Galiza perdeu na última década 311.294 falantes na lingua de seu
En 2001 o 56,84% da poboación, en 2011 só o 43,8% é monolongüe en galego. Isto é, 311.294 persoas menos
Os dados deveñen dun proceso de substitución lingüística favorábel ao español pois a redución no número de monolingües en galego resulta dun notábel incremento das persoas que din empregar maioritariamente a lingua de Castela. Ora ben, o IGE sinala unha lixeira redución no número de persoas que declaran usar unicamente o castelán e "nunca" recorren ao galego. Fronte ás 332.791 que facían tal afirmación en 2001, en 2011 son 287.837 as que se definen monolingües en español. Isto é, aproximadamente dous puntos de diferenza
Por comarcas, as zonas rurais de Lugo e Ourense continúan a situarse como os espazos onde a lingua propia goza de mellor saúde. Así, nas comarcas da Fonsagrada, A Terra Chá e Meira a porcentaxe de monolingües en galego sitúase por riba do 80%. O mesmo acontece nas ourensás Viana e a Limia. Pola contra, o eixo atlántico continúa a ser a faixa de territorio máis desgaleguizada --a excepción dalgunhas comarcas como A Costa da Morte. 
Por cidades, tamén Lugo e Ourense son os lugares con maior número de galegofalantes. En troca, Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ferrol amósanse como os espazos onde o castelán conta con máis presenza. 


Entrevista a Miguel moreira, autor do ensaio Contra a morte das linguas.

REPASAMOS ACENTUACIÓN


Despois de ler as probas de lectura non ben mal un repasiño das regras de  ACENTUACIÓN.

ACTIVIDADES DO PROXECTO ARTELLO
ACTIVIDADES ogalego.eu


14.10.14

O CAUREL

A pregunta da día foi... "Onde queda o Caurel?" 

Claro, a profe de Galego pregunta cada cousa... A ver se fixemos as tarefas e xa o tedes localizado nun mapiña coma este:


E logo preguntei cal era unha das árbores máis habituais nestes montes?



Aí vai unha presa de imaxes deste lugar irrepetible da nosa Galiza.