Noiticia do xornal Sermos Galiza
A poboación monolingüe en galego, menos do 50% por primeira vez na historia
Os dados proporcionados polo IGE apuntan un retroceso de 13 puntos na última década, porén, a Xunta valora positivamente a situación lingüística en Galiza.
O número de persoas que se declaran monolingües en galego sitúase, por vez primeira na historia, por baixo do 50%
da poboación. Esta é a cifra que deita a enquisa elaborada polo
Instituto galego de estatística (IGE) a partir dun estudo sobre as
condicións de vida das familias galegas.
No concreto, o IGE cifra no 43,8% a porcentaxe de galegofalantes, maiores de 5 anos, no 2011. Unha cifra que contrasta co 56,84% que se declaraba monolingüe en galego dez anos antes. Segundo o estudo publicado, Galiza perdeu na última década 311.294 falantes na lingua de seu.
En 2001 o 56,84% da poboación, en 2011 só o 43,8% é monolongüe en galego. Isto é, 311.294 persoas menos
Os dados deveñen dun proceso de substitución lingüística
favorábel ao español pois a redución no número de monolingües en galego
resulta dun notábel incremento das persoas que din empregar
maioritariamente a lingua de Castela. Ora ben, o IGE sinala unha lixeira redución no número de persoas que declaran usar unicamente o castelán e "nunca" recorren ao galego. Fronte ás 332.791 que facían tal afirmación en 2001, en 2011 son 287.837 as que se definen monolingües en español. Isto é, aproximadamente dous puntos de diferenza.
Por comarcas, as zonas rurais de Lugo e Ourense continúan a situarse como os espazos onde a lingua propia goza de mellor saúde.
Así, nas comarcas da Fonsagrada, A Terra Chá e Meira a porcentaxe de
monolingües en galego sitúase por riba do 80%. O mesmo acontece nas
ourensás Viana e a Limia. Pola contra, o eixo atlántico continúa a ser a faixa de territorio máis desgaleguizada --a excepción dalgunhas comarcas como A Costa da Morte.
Por cidades, tamén Lugo e Ourense son os lugares con maior número de
galegofalantes. En troca, Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ferrol amósanse
como os espazos onde o castelán conta con máis presenza.
Entrevista a Miguel moreira, autor do ensaio Contra a morte das linguas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario