Amosando publicacións coa etiqueta alumnado 2º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alumnado 2º ESO. Amosar todas as publicacións

10.4.20

INTERFERENCIAS DO CASTELÁN

Despois de ler durante os primeiro días da corentena un bo número de redaccións do alumnado, os contidos que imos traballar non podían ser outros que as interferencias que o castelán deixa nos falantes galegos.

Primeiro repara no tipo de castelanismos que podemos atopar nos textos orais e escritos que producimos. OLLO!!





Agora xa podes responder ao seguinte cuestionario para ver canto sabes deste tema, seguro que é moito!! Boa viaxe, sube ao tren que sae da estación!!

6.4.20

Xogando coa poesía

Nesta xanela deixo algúns dos traballos do alumnado do IES O Couto, 2º ESO, durante as tres primeiras semanas da corentena.

Grazas por poñerdes a pinga de cor a este tempo incerto.


24.3.20

RETO VERBAL

Despois de dúas semanas traballando co verbo e sen termos oportunidade de facer os xogos prometidos, déixovos este reto, a ver quen aproveitou máis as actividades feitas. 

Responde o maior número de preguntas de forma acertada sen consultares ningún material. A ver que tal sae 👀! 

Despois podedes revisar as preguntas que deixastes en branco e contestalas con axuda.


11.2.15

WIKI DRAGAL - ACCESO

Nesta entrada deixo a ligazón para que poidades acceder de maneira doada ao voso wiki de Dragal.

Preme para ir ao WIKIDRAGAL

OLLO!!

____Para escribir o teu FINAL Á CARTA a) copia o seguinte texto, b) vai á páxina do wiki, c) pégao ao final da páxina do wiki na que estás e d) substitúe os XXXX pola información que se pide:

| XXXXNome do alumno ||

XXXXTexto do meu final


| colspan="3" style="background: #030303;"|
|-bgcolor="#2C1B1B"



______Para editar a túa onomástica fai o mesmiño ca antes desois de copiar o seguinte texto: 

| XXX Nome ||
Galego: XXX Tradución ao galego.    Hipocorístico: XXXX O meu nome familiar
Orixe: XXXXX (< ''XXXXXX'')
Significado: "XXXXXXX".
|-
| colspan="3" style="background: #030303;"|
|-bgcolor="#2C1B1B"

Na portada do wiki xa tedes un enlace no que accederedes ao foro. 



Para comezar a usar o foro debedes resixtrarvos. Recordade que o voso nome de usuario é: rafael  +  a primeira letra do nome e do apelido +  01. (MIRA A LISTAXE DA AULA)


Exemplo: rafaellc01, este sería o meu nome de usuario.


Envíame un correo a dragal.loli@gmail.com para poder facilitar o cantrasinal de acceso ao wiki.

4.2.15

DISFRAZ DE DRAGAL

Imos ver quen é quen de facer o seu traxe de cabaleiro. Terá que quedarnos algo semellante a isto, pero simplificamos:
                                            Que precisamos?        

1. pantalón e xersei negro

2. luvas negras

3. botas negras

4. un anaco de tea branco co cal poidamos facer coma un chaleque (mira no vídeo, é moi doado). Mellor rectangular e mide polo teu corpo o largo que precises.
-Un anaco de tea negra e un cadradiño de cor laranxa (cartón ou goma eva cun D de dragal para facer o cinto que suxeite o noso chaleque. Mira no vídeo.

5. goma-eva tamaño folio de cor laranxa (para facer o escudo que leva no peito e pegar, coser, etc sobre a tea)

6. cartón-pluma tamaño folio A3 (redondear as puntas e poñer unha asa para facer o escudo. Despois debuxar ou                                                       pegar o mesmo dragón que o anterior)

7 facer unha espada (OLLO!!!! Só pode ser de cartón e no canto de ter a punta en ángulo ímola facer redonda!!!) 






3.2.15

DA LITERATURA Á ARTE E ÁS MATEMÁTICAS

Quería agradecer ao profesor de Matemáticas do noso IES a xenial idea de poñer aos nenos a deseñar rosetóns co software interactivo do "Geogebra". 

Alén de ensinarlles xeometría e álxebra, tamén fai que reparen nun dos elementos artísticos máis fermosos das nosas igrexas. E aínda máis, descóbrelles que moitas das figuras que representan están baseadas na simboloxía da nosa cultura celta.

É moi gratificante ver como a rapazada se ilusiona e vai descubrindo cousiñas da súa cultura e o ligan con películas, libros e outras historias que eles coñecen!! 




27.1.15

DRAGALIZACIÓN

As donas e cabaleiros da Fraternidade PUGADRAL teñen un perfecto fogar para o noso dragón!! 

A semente está botada... agora a imaxinación e a maxia serán os encargados de manter viva a lenda deste ser mitolóxico. 

 Así nos quedou:

21.1.15

PROXECTO DRAGAL: VISITA ELENA GALLEGO




Mañá, xoves 22 de xaneiro, visita o IES Rafael Puga Ramón Elena Gallego Abad, a escritora da saga de Dragal, ser mitolóxico que une a rapazada de diferentes lugares nun proxecto educativo de animación á lectura, dinamización da nosa lingua e axentes activos de transmisión da cultura galega e do noso patrimonio material e inmaterial.




1.12.14

LINGUAS ÚTILES?


Que é iso de estar sempre a falar de que o galego non serve para nada! 

Coma calquera outra lingua do planeta serve, dende o momento en que a usan dúas persoas, para comunicarse. E isto é o esencial dunha lingua.

Para aqueles que estamos sempre a voltas cos números direivos que:

O Galego está:

  • Entre 5% das 5.000 linguas do mundo teñen máis de 1 millón de falantes.
  • Ocupa o posto 160 en canto ao número de falantes do mundo.
  • Se entendo que hai 150 linguas en Europa ocupa o posto 23.
  • Está entre as 30 linguas máis usadas na rede (navegadores como Firefox, Chrome ou Explorer; os buscadores Google ou Bing; as redes sociais Facebook e Tuenti; os xestores de contidos Wordpress ou Xoops. Tamén funcionan en galego distintos tradutores e aplicacións comerciais e de software libre).
  • Na vida pública: ensino, política, xustiza, igrexa, medios de comunicación, publicidade.
  • Entramado cultural asentado: non só se producen moitos títulos de literatura galega, senón que as obras galegas son traducidas a outros idiomas e coñecidas en moitos países (Existen Centros de Estudos Galegos en universidades de Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Croacia, España, EEUU, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Rusia.).
  • Produción audiovisual importante: música, cine e teatro en galego.
O galego descendeu no uso urbano e na xente moza debido á perda de transmisión da lingua entre xeracións. Con todo o 40% da poboación tena como lingua habitual. 

O Galego unha lingua de proxección internacional? Claro!!!

(Á parte de todo isto, o galego é intercomprensible oralmente e por escrito co portugués, por iso os galegofalantes teñen un acceso moi doado a 250 millóns de persoas que se expresan en portugués, a sexta lingua máis falada no mundo. Co galego podemos percorrer territorios lusófonos como Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guinea-Bissau, Cabo Verde, Timor Leste, Macau-China… entendendo e facéndonos entender sen problemas.)



Info da nosa lingua na galipedia

5.11.14

SERES MÁXICOS DA FAUNA GALEGA

O alumnado de segundo da ESO anda a cavilar cal vai ser o seu aniñal caseño para as exposicións. Agardo que sexan tan sorprendentes coma os de Ramón Lamote. 



Para que teñan outro exemplo déixolles o texto de Cunqueiro, da Escola de menciñeiros, onde nos conta quen é o Gatipedro. Recordade que podedes atopalo se dades unha volta pola coruñesa praza do Humor.

GATIPEDRO

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven pólas noites ás casas, e párase nas habitaciós nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.

Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto i ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipardo dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.


19.6.14

VIDEOPOEMAS DÍAZ CASTRO

O alumnado de 2º ESO A, con todas as présas que nos asolagan estas semanas, conseguiu rematar estes dous novos traballiños sobre Díaz Castro. 

Moitas grazas pola ilusión e a participación.




8.6.14

POR NÓS O GALEGO TERÁ MIL PRIMAVERAS MÁIS

Todos participamos!!!

 Alvaro Cunqueiro: 

                             "Aquí xace que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis" 




 



















20.3.14

QUE FARÍAS POLO GALEGO?

Só a min se me ocorre poñer esta preguntiña no exame. Pretendía que foran sinceros/as e fórono.

Sorprendeume que uns cantos contestaron que o que poderían facer eles é manifestarse para que a xente o fale!!! E eles/as... están disposto a falalo? Creo que conto 4 ou 5 de memoria dunha aula de 26!!

Pois aquí lles deixo este peqeuno agasallo.


27.1.14

70 PALABRAS PARA A CHOIVA

Aproveitando a información que Pilar e Román deixan nas redes sociais comparto este vídeo que nos axudará a entender un pouco máis a riqueza da nosa lingua. E sobre todo, creo que con el queda clara a idea de que cada lingua non fai máis ca reflectir a realidade que rodea aos seus usuarios.

Deixados levar polas chuvieiras destes días e vendo que o sol non ten trazas de nos visitar, aí deixo para o alumnado de 2º da eso esta pequena reportaxe, un ballón de nomes de fenómenos meteorolóxicos que afectarán á nosa aula durante os próximos días.


24.1.14

O único que queda é o amor

http://agustinfernandezpaz.eu/es/libros/o-ubico-que-queda-e-o-amor-lo-unico-que-queda-es-el-amor/


O alumnado de 2º da ESO navega nestes intres entre as páxinas do libro de Agustín para chegar á illa do amor.


Deixo unha pequena reseña no blog de lectura para que poidades consultar. 


Boa viaxe!!


19.1.14

A cántara da moura

A Cántara da Moura é unha lenda que nos conta o pai dos alumnos Marcos e Pablo Regueira: 

“No interior desta cova habita unha fermosísima moura. Ao romper o día a moura abandona o seu recuncho de pedra para saír a sentarse ao lado do río. Alí peitea os seus largos cabelos dourados cun peiteador de ouro, mentres agarda acercarse as rapazas de Corzos que gardan o seu gando; no momento que pasan ao seu lado a moura deixa caer o seu peiteador. Se a moza para a recoller o peiteador, a moura premia a súa bondade cunhas moedas de ouro. Se a rapaza segue o seu camiño e non se detén, a moura castiga o desdén da doncela converténdoa nunha das moitas rochas que hai no lugar.”

15.1.14

DEBUXAMOS CON DRAGAL

O trazo áxil dalgúns talentos agochados entre os dragaliños do IES Puga Ramón, permítenos gozar cos debuxos que lles suxeriu a lectura desta fantástica novela.

 

Dragal e os espazos máxicos

O alumnado de segundo non só recolleu as lendas que forman parte da nosa memoria cultural como pobo cun tesouro máxico incalculable, senón que tamén fotografaron os lugares cos que podemos asociar esas historias. 

 

14.1.14

Galicia de Lenda

O alumnado do IES Puga Ramón no que traballo este curso, inspirados e guiados pola máxia de Dragal, este Nadal andaron na procura doutros tesouros máxicos da nosa terra. 

Aquí vos deixo unha pequena mostra das lendas que recolleron por unha ou outra canle.

 

Santiago Calvo:

 

Grazas polo esforzo a todos/as as que participastes na actividade.