Que precisamos?
1. pantalón e xersei negro
2. luvas negras
3. botas negras
4. un anaco de tea branco co cal poidamos facer coma un chaleque (mira no vídeo, é moi doado). Mellor rectangular e mide polo teu corpo o largo que precises.
-Un anaco de tea negra e un cadradiño de cor laranxa (cartón ou goma eva cun D de dragal para facer o cinto que suxeite o noso chaleque. Mira no vídeo.
5. goma-eva tamaño folio de cor laranxa (para facer o escudo que leva no peito e pegar, coser, etc sobre a tea)
6. cartón-pluma tamaño folio A3 (redondear as puntas e poñer unha asa para facer o escudo. Despois debuxar ou pegar o mesmo dragón que o anterior)
7 facer unha espada (OLLO!!!! Só pode ser de cartón e no canto de ter a punta en ángulo ímola facer redonda!!!)
Ningún comentario:
Publicar un comentario