1.12.14

LINGUAS ÚTILES?


Que é iso de estar sempre a falar de que o galego non serve para nada! 

Coma calquera outra lingua do planeta serve, dende o momento en que a usan dúas persoas, para comunicarse. E isto é o esencial dunha lingua.

Para aqueles que estamos sempre a voltas cos números direivos que:

O Galego está:

  • Entre 5% das 5.000 linguas do mundo teñen máis de 1 millón de falantes.
  • Ocupa o posto 160 en canto ao número de falantes do mundo.
  • Se entendo que hai 150 linguas en Europa ocupa o posto 23.
  • Está entre as 30 linguas máis usadas na rede (navegadores como Firefox, Chrome ou Explorer; os buscadores Google ou Bing; as redes sociais Facebook e Tuenti; os xestores de contidos Wordpress ou Xoops. Tamén funcionan en galego distintos tradutores e aplicacións comerciais e de software libre).
  • Na vida pública: ensino, política, xustiza, igrexa, medios de comunicación, publicidade.
  • Entramado cultural asentado: non só se producen moitos títulos de literatura galega, senón que as obras galegas son traducidas a outros idiomas e coñecidas en moitos países (Existen Centros de Estudos Galegos en universidades de Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Croacia, España, EEUU, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Rusia.).
  • Produción audiovisual importante: música, cine e teatro en galego.
O galego descendeu no uso urbano e na xente moza debido á perda de transmisión da lingua entre xeracións. Con todo o 40% da poboación tena como lingua habitual. 

O Galego unha lingua de proxección internacional? Claro!!!

(Á parte de todo isto, o galego é intercomprensible oralmente e por escrito co portugués, por iso os galegofalantes teñen un acceso moi doado a 250 millóns de persoas que se expresan en portugués, a sexta lingua máis falada no mundo. Co galego podemos percorrer territorios lusófonos como Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guinea-Bissau, Cabo Verde, Timor Leste, Macau-China… entendendo e facéndonos entender sen problemas.)



Info da nosa lingua na galipedia