19.4.16

I CERTAME PROXECTA I+D

Despois dos encontros de Ispiratics na Fundación Amancio Ortega quedoume claro que aínda que o vento veña en contra non vou deixar de traballar para ilusionar o alumnado e ensinarlle a conectar os contidos dende distintas materias e coa súa realidade, co seu, a súa cultura. 

E por suposto que vai ser sempre que poida usando as TICS, que só poden ir por diante se queremos conectar con eles, normalizar o uso da lingua dende unha esfera moderna.

Grazas a Ana Cabido por nominarme e obrigarme a participar, xa que decidira non facelo.

Ás miñas compañeiras pola supervisión, ideas e gravacións. 

Ás persoas coas que fun e irei compartindo o meu soño: o ensino non é almacenar contidos tan só!!!

A Pablo por facerme ver este domingo que non tiña por que realizar unha mega produción de video (aínda que iso era o que a min me gustaba) e que tiña que participar e quedarme coas risas e sobre todo coa aprendizaxe... non se pode deixar de ser como se é e hai que loitar polo que un cre. 

E sobre todo grazas ao alumnado de 3º A que me sorprendeu nun deses días de "non sei que dicir", cunha pizarra cheíña de cousas diferentes que facemos nas clases de galego. Sobre todo por dicirme que teño paciencia, os entendo e me preocupo por eles, porque é o que pretendo, axudalos, coidalos e transmitirlle ilusión pola maxia da nosa lingua e a nosa cultura,

A todos mil grazas por aturar o meu monotema e os nervios das últimas tres semanas. 



14.4.16

A CONVERSA

Taballando os diálogos na aula, hoxe deunos por conversar. O alumnado só tiña que pensar na finalidade da súa conversa e o tema do que ían falar, sen preparar os diálogos.

No vídeo temos un exemplo. Podedes velo e logo ir anotando todo o que temos que corrixir.