19.1.14

A cántara da moura

A Cántara da Moura é unha lenda que nos conta o pai dos alumnos Marcos e Pablo Regueira: 

“No interior desta cova habita unha fermosísima moura. Ao romper o día a moura abandona o seu recuncho de pedra para saír a sentarse ao lado do río. Alí peitea os seus largos cabelos dourados cun peiteador de ouro, mentres agarda acercarse as rapazas de Corzos que gardan o seu gando; no momento que pasan ao seu lado a moura deixa caer o seu peiteador. Se a moza para a recoller o peiteador, a moura premia a súa bondade cunhas moedas de ouro. Se a rapaza segue o seu camiño e non se detén, a moura castiga o desdén da doncela converténdoa nunha das moitas rochas que hai no lugar.”

2 comentarios:

  1. Da gusto poder ler estas lendas feitas por alumnos de da eso.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Realmente o marabilloso e ver a pais e alumnos traballando xuntos e como eles poñen en valor a cultura q van herdando. Polo tanto o premio vai ser incluir as lendas nun proxecto de recollida de literatura maxica do noroeste peninsular. Merecido

      Eliminar