20.1.14

Música, pretexto para traballar máis


Cantando aprendemos a describir e as figuras literarias ou repasamos  léxico que xa vimos e o que falamos das linguas do mundo. Todos encantados!!!

Puxemos o tema de Tic Tac de "Quen son", logo "Son Brasilego" e finalmente "Eu to Alegre", tamén de Sergio. 

(Ademais temos un  neno do Brasil, que estaba dobremente encantado!!)

Primeiro lede a descrición que lle saíu a Mencía e a Mónica tras escoitar ests temas:

Son alta e delgada
non quero ser trol nin fada
Teño o pelo rizado 
e non o qeuro ondulado.

Son agradable ou desagradable?
son alegre ou tristeira?
Son tranquila ou bulebule?

Son veloz cando patino
pero ando sempre con tino.
Gústame viaxar 
e outros lugares visitar.

Como serei, como serei?
da terra ou de mar?
Como serei, como serei?
De solpor ou de luar?





2 comentarios:

  1. Totalmente de acordo. Teño sorte coa creatividade do meu alumnado!!!
    Noraboa polo esforzo e o traballo que fan cada día!!

    ResponderEliminar