O alumnado de segundo da ESO anda a cavilar cal vai ser o seu aniñal caseño para as exposicións. Agardo que sexan tan sorprendentes coma os de Ramón Lamote.
Para que teñan outro exemplo déixolles o texto de Cunqueiro, da Escola de menciñeiros, onde nos conta quen é o Gatipedro. Recordade que podedes atopalo se dades unha volta pola coruñesa praza do Humor.
GATIPEDRO
O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven pólas noites ás casas, e párase nas habitaciós nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.
Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto i ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipardo dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.
O que máis me gustou foi o da viñeta 3.
ResponderEliminarBo traballo!! Grazas por participardes, teño verdadeiros mestres e mestras de artes na miña fraternidade de dragaliñ@s.
Viñeta 13
ResponderEliminar