22.2.13

150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS

O día 24 vai ser especial este ano porque temos o privilexio de homenaxear un fito histórico para a lingua e a literatura galega. 

A publicación dos Cantares Gallegos foi algo máis ca unha reivindicación da nosa lingua ou da nosa cultura a través dos cantares dunha nena cun ton inocente. Serán a antesala dun libro máis potente, as Follas novas, onde o falar non ten cancelas, onde as mensaxes de dor traspasan o persoal para solidarizarse e denunciar inxustizas plurais. 

Reparade nos versos que escoitamos no seguinte vídeo e reflexionade sobre a situación actual do noso país. Non me diredes que Rosalía de Castro non está de moda? Non me negaredes que foi, sen dúbida unha muller adiantada ao seu tempo? Creo que moitas veces se asocia a escritora coa palabra SENTIMENTO eu prefiro estoutras dúas CORAXE E VALOR.


Ningún comentario:

Publicar un comentario