21.3.11

Dillo cunha canción

A pesar da demora aí vai o único traballo do meu alumnado no IES Pazo da Mercé que propuxemos para o día dos namorados. O alumnado debía combinar música en galego con imaxes e crear un video dedicado ao amor.

Noraboa Andrea polo esforzo e o traballo e por non deixarte levar polas ansias que lle poñen os teus colegas de alula.

13.2.11

Séculos Escuros



Para reflexionarmos sobre os prexuízos lingüísticos hoxe!!!



Agora vede unha mostra de valor á hora de fefender o propio. Recollido do blog Cartas Xeométricas.

María Silencio

As II Jornadas de lingua celebradas o 9 e o 10 na Coruña pecharon coa actuación de A Minha Embala qeu interpretou, entre outros temas, o poema María Silencio de Carvalho Calero.




Outra versión en Son de Poetas.

20.1.11

Día da PAZ

Aproxímase o día da Paz, aí vos deixo unha proposta para traballar cos nenos do primeiro ciclo da ESO.

Podedes facer que canten algunha cantiga de A nena e o grilo que puxo nas miñas mans Mar.

Que mellor ca regalar apertas e liberdade para poñer fin aos tantos conflitos que rebolen ao noso redor.

15.1.11

LIM LOIS PEREIRO

Neste libro Lim podedes atopar un conxunto de actividades interactivas que elaboraron no Ies Condesa de Fenosa.