31.8.11

SILENCIADAS DOCUMENTAL

AS SILENCIADAS



Este é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física, exilio. O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e cómpre coñecelo.

Relacionado con isto recordarei sempre a impresión que causou en min a lectura da novela de Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36.





Tamén me lembra este documental a película: A Mariñeira.




26.6.11

RECURSOS WEB E LINGUA

Páxina con actividades de lingua galega e un documento con recursos web para traballar lingua galega.

24.5.11

Murais Lois

Nestes murais feitos con Glogster podedes ver os traballos do alumnado de Juan Carlos, de 1º curso de ciclo medio de SMR do IES Pazo da Mercé. Grazas a todos pola colaboración e por implicarse nas actividades das letras galegas dedicadas a Lois Pereiro.

Silvia Parada Rodríguez



Aarón Gómez Pereira


Anxo Fernández Fortes




Fabián Estévez Casal

http://www.blogger.com/img/blank.gif


Jacobo Fernandez Romero
http://www.blogger.com/img/blank.gif



Xanán Fernández Alonso




Samuel González Vilahttp://www.blogger.com/img/blank.gif



Pablo Castro Álvarez



José Manuel Rivera Barros


23.5.11

Xogando con Lois Pereiro

Un ano máis puidemos xogar co alumnado do primeiro ciclo da eso e coa poesía. Os máis arteiros tiña gardados no maxín os versos de Lois e acabaron gañando os xogos desta tarde. Espero que o pasarades ben.



Cadros_poemas Lois Pereiro