16.11.11

A LINGUA SABE A PAN

Onte escoitaba unha entrevista na Radio Galega co responsable do Consello Regulador do Pan de Cea falando do vídeo que fixo o alumnado do CPI Virxe da Saleta, en Cea.

Quedei sorprendida porque a conversa se centrou, única e exclusivamente, en falar da excelente promoción que os rapaces fan deste produto.


Deixo o vídeo para que poidades velo unha vez máis e porque o que realmente me sorprendeu é que non mencionaran en ningún momento que tamén se está facendo unha reflexión sobre a diversidade lingüística. É máis, sobre a existencia dunha lingua que nos identifica culturalmente e que os nenos falan coma tantas outras, porque o que máis lles gusta é "FALAR IDIOMAS".


14.11.11

NADAL EN GALEGO

Xa chegou de novo o concurso de felicitacións de Nadal en Galego convocada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.



O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Os traballos máis enxeñosos e cun deseño máis orixinal serán seleccionados para formar parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da secretaría xeral. Ademais, outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego para cada un dos gañadores ou gañadoras.

Participación:


* Ata o 9 de decembro de 2011.
* Enviando as presentacións aos enderezos electrónicos:


secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou sxpl.secretaria@xunta.es


19.10.11

O 24 de outubro celébrase o Día Internacioanl das Bibliotecas Escolares e dende o IES de Mos, Ana Fidalgo proponnos que vexamos os seguintes videos que foron seleccionados segundo o nivel do alumnado.

Ese día tamén terá lugar unhas xornadas de portas abertas da Biblioteca do centro para que todo o alumnado poida coñecer físicamente este espazo de traballo e lecer e comprender un chisco máis como funciona e sobre todo para que lle pode ser útil.


Para 2º de BACH



Para 1º de BACH



Para 3º e 4º da SEO



Para 1º e 2º da ESO

16.10.11

Diversidade lingüística

Se facedes clic na imaxe podedes acceder a un xogo con preguntas xerais sobre as linguas de Europa que atopamos no portal que a Comisión Europea dedica ás Linguas.

























Enlace ao Blog de Román Landín para traballar o Día Europeo das Linguas.

Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias

Linguamón













As Linguas de Europa, unidade didáctica da AS-PG


9.10.11

O VIXÍA NO CENTEO

Para facilitar o traballo de alumnado e profesorado deixo a guía de lectura que nos ofrece a Editorial Xerais sobre a novela de J. D. Salinger, unha das máis censuradas nos Estados Unidos e pola contra unha das máis lidas nos centros.



Entrada da Wikipedia desta novela O VIXÍA NO CENTEO

Entrada do recuncho dos máis traballadores

Propostas de traballo co libro no blog Aula 21, tamén música, películas e o poema que dá título ao libro.

27.9.11

Ben Falado: Apelidos Galegos

http://webs.uvigo.es/chamateconxeito/principal.php



Escolma dos programas de Ben Falado do 1 ao 100 que tratan a antroponimia.

Ben Falado: Toponimia de Galicia

Deixo unha escolma de videos do programa Ben Falado, do profesor Xesús Ferro Ruibal, onde podedes atopar información sobre algúns topónimos de Galicia e outros enredos da lingua. Os programas revisados foron do 1 ao 110.

20.9.11

Valentín Paz Andrade

Esta semana comezou un novo curso académico e estará dedicado a Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no vindeiro Día das Letras Galegas. Tras unha primeira pescuda de información sobre o autor, e pendente de novas lecturas, aí vai o xermolo dun traballo máis amplo que irá madurando cos días.