22.2.14

GRAFITI ROSALÍA



Escolma de textos para os grafitis colectvos para que toda a comunidade educativa se sume a homenaxe dunha das mulleres con máis talento e valentía das nosas letras: Rosalía de Castro


18.2.14

TODAS CON ROSALÍA

O 24 deste mes celebramos o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, unha muller grande, símbolo de NÓS, dunha cultura grande!!!!



13.2.14

DALI, A PINTURA E CARTAS DE INVERNO

Salvador Dalí é un dos artistas principais de Cartas de inverno con este cadro. Que outros pintores aparecen homenaxeados por Agustín Fernández Paz?


SÉRGIO TANNUS

Um agasallo para o meu alumnado de 1º ESO, traído directamente dende o corcerto de Corasóns con todo o agarimo do artista Sérgio Tannus.

9.2.14

O TEXTO ARGUMENTATIVO

Aínda que hoxe cheguei ao centro e me atopo coa sorpresa de que a rapaza á que substituía está incorporada, aí deixo a presentación que non sei se chegará a ver algún dos alumn@s de 1º de Bach.



Escoita o que pon a presentación:



Record and upload voice >>  

Imos traballar con estes textos.


















Agora tedes unha escolma de textos tirados do blog Na punta da lingua para traballar a argumentación.

A CHOIVA CAE DO CEO

Acaído ao tempo que se resiste a abandonarnos, un agasallo para os pequechos/as de 1º ESO.

Grazas a Pablo Díaz por compartir no Facebook este traballiño do alumnado do CPI Mosteiro de Meis.


30.1.14

DÍA DA PAZ

Nunhas semanas celebramos a Rosalía de Castro, e 150 aniversario da publicación de Cantares, daquela escollín este poema que fala da PAZ para o día de hoxe.

Xa sei que me diredes que fala da "paz" persoal, da harmonía e sosego interno; pero, realmente, penso que só cando todas as persoas deste mundo atopen ese sosego interno e se deixen de vivir pensando en facer mal aos demais e a si mesmos con pretensións "marcianas" poderemos vivir nun mundo sen conflitos.


Paz, paz deseada
Pra min, ¿onde está?
Quiais n'hey de tela...
¡N'a tiben amais!

   Sosego, descanso,
¿Ond'hey d'o atopar?
N'os mals que me matan,
N'a dor que me dan.

   ¡Paz! ¡paz tiés mentira!
¡Pra min non'a hay!

27.1.14

70 PALABRAS PARA A CHOIVA

Aproveitando a información que Pilar e Román deixan nas redes sociais comparto este vídeo que nos axudará a entender un pouco máis a riqueza da nosa lingua. E sobre todo, creo que con el queda clara a idea de que cada lingua non fai máis ca reflectir a realidade que rodea aos seus usuarios.

Deixados levar polas chuvieiras destes días e vendo que o sol non ten trazas de nos visitar, aí deixo para o alumnado de 2º da eso esta pequena reportaxe, un ballón de nomes de fenómenos meteorolóxicos que afectarán á nosa aula durante os próximos días.


24.1.14

O único que queda é o amor

http://agustinfernandezpaz.eu/es/libros/o-ubico-que-queda-e-o-amor-lo-unico-que-queda-es-el-amor/


O alumnado de 2º da ESO navega nestes intres entre as páxinas do libro de Agustín para chegar á illa do amor.


Deixo unha pequena reseña no blog de lectura para que poidades consultar. 


Boa viaxe!!