30.9.14

PASEAMOS POLO CAMPO

Esta semana o nobelo da lingua foi medrando sen pensármolo con palabriñas coma estas:

       XUNQUEIRA               XUNCA                      XUNCO


Tamén falamos dos VÍMBIOS. Eu expliquei o que eran e que se empregaban en cestaría ou nas viñas para atas as cepas aos arames.

          

Tamén explicamos que os vimbios ou as cordas feitas con xuncas entrenzadas serven para atar feixes. Neste punto explicamos que é unha presa, unha gavela e un feixe.

PRESA                                 GAVELA                                  FEIXE - MOLLO  - MONLLO


Póñovos as fotos cando as saque a fin de semana

CARTAS DE INVERNO

Booktrailer, comezmos a ler!!!

24.9.14

A XOGAR COAS PALABARAS

Seguro que xa coñecedes a web  do Portal das Palabras, unha opción divertida para aprender xogando cos nomes das cousas que nos rodean.

Ademais é un bo exemplo de traballo colaborativo, iso que tanto perseguimos no alumnado e que os docentes non cumprimos sempre.



O alumnado de 1º da  ESO pode estrearse con este pequeno xogo que repasa nomes relacionados coa saúde, pero tedes algún máis. A por eles.


23.9.14

INÉS DE CASTRO

Este verán tiven o pracer de visitar a parella de namorados máis entrañable da nosa historia. Sexa por tráxica ou intensa o amor de dona Inés e don Pedro foi máis alá da morte e pervive na memoria colectiva do noso pobo así coma nos múltiples textos literarios que recrearon a súa paixón e difundiron unha lenda que simboliza o amor eterno.

Na década de 1320 nacía na Galiza a pequena Inés, filla de Pedro Fernández de Castro e Aldonza Soares de Valladares. Mais foi o castelo de Peñafiel, en Valladoliz, quen a viu medrar a carón da súa curmá Constanza.

Quixo o destino que a nobre fora chamada para casar na corte portuguesa con Pedro I, fillo de Afonso IV, o Bárbaro,  que Inés a acompañara en funcion de "dama parente" e que no momento de coñecerse esta e o infante ficaran irremediablemente namorados a pesar de todas as oposición dos reis.

Aínda que o infante casou con Constanza, nove anos despois da súa morte, desafiando toda prohibición casa coa súa amada e teñen catro fillos.

O rei Afonso IV, temeroso do poder dos Castro en Castela e Portugal, déixase influír polos consellos dos seus asesores e planifica a morte de Inés. Un día no que o seu fillo está de cacería, o rei acode cos seus cabaleiros ao mosterio de Santa Clara, próximo á Quinta das Lágrimas, en Coímbra, para perpetrar a execución da súa nora. Mais faltoulle valor ao vela rodeada dos seus cativos e dá volta, pero os seus cabaleiros non teñen piedade e danlle morte.

A lenda di que as bágoas que derrama dona Inés no río Mondego cando ía ser asasinada deu lugar á Fonte das Lágrimas. E no fondo desta fonte disque nacen unhas algas de cor vermella que son as pingas de sangue da propia Inés.

A vinganza de don Pedro segundo a lenda di que unha ver que foi rei mandou exhumar o corpo da súa amada, subiuna ao trono e fixo que a coroaran obrigando aos cortesanos a que renderan os honores debidos a unha raíña.

Ademais, o rei mandou esculpir un túmulo funerario para Inés no Mosterio de Alcobaça (declarado Patrimonio Cultural da Humanidade no 1985, pola UNESCO), a onde trasladou os seus restos. Co tempo tamén ordenou esculpir o seu propio e así ficaron colocados un aos pés do outro para verse nada máis resucitaren unha vez superado o Xuízo Final. Estes dous sepulcros góticos dise que son os máis famosos de portugal.

22.9.14

XOGAMOS?

Na web ogalego.eu tedes un reto para pasar un bo anaco e descubrir un cachiño da vosa Galiza.
A ver quen sabe  máis!!! Fai clic na imaxe. 
Boa sorte

21.9.14

O CÓDICE

O  Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus e en galego como Libro de Santiago ou máis comunmente como Códice Calixtino é un conxunto de textos reunidos Santiago nos anos finais do arccebispado de Xelmirez e cuxa autoría se atribuiu ao papa Calisto II.O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na Catedral de Santiago de Compostela. 
A primeira tradución ao galego é do século xv e só no ano 2010 se rematou completamente a tradución desta guía de pererinanaxe.

Libro que todo o mundo coñeceu polos medios de comunicación e polo seu roubo. A súa sona foi medrando e agora unha produtora galega decide facer unha serie que recolle o acontecemento. 

Aquí tedes a actriz María Castro, que nunca esquece cal é a súa lingua. 

15.9.14

CÁNTAMO EN GALEGO

Comezamos o curso a bo ritmo e da man dun programa de radio que se chama



Dende este espazo radiofónico accedemos a información de discos, concertos, festivais 

e todas as novidades da produción musical en galego.


captura da web de Onda Cero

VOLTA ÁS AULAS


25.8.14

A VIAXE DE GAGARIN

http://www.xerais.es/libro.php?id=3270563

Non podo deixar de recomendarvos a lectura da nova obra de Agustín Fernández Paz.

 

A VIAXE DE GAGARIN


 Reseña: Armando Requeixo

Algunha reflexión despois da lectura: Entreliñas

3.7.14

SEMPRE EN GALIZA_70 ANIVERSARIO


Mañá celébranse os 70 anos da publicación de Sempre en Galiza, de Castelao.

"A superioridade non está no idioma

 que se fala; está no que se sabe, no 

que se di e no que se fai"



Pego aquí estas palabras do noso escritor e que lin no Facebook e que magoan a alma. Espero que sirvan para que a xente tome conciencia do seu, da súa cultura e da súa orixe e non se deixe globalizar.

“Algúns galegos de boa fe coidan que o cultivo do noso idioma é un impedimento de traballo na emigración. Mais eu quero invitalos a meditar: Pensades que a nosa Terra pode seguir sendo un criadeiro de carne humana para enviar ás Américas en paquetes teutóns? Porque o noso deber está en asegurar o dereito ao traballo remunerado, para que ningún irmán noso emigre por necesidade. Pensades que os galegos poden seguir emigrando polo mundo a ofreceren indignamente a mercancía dos seus lombos e dos seus brazos? Porque o noso deber está en armar ao pobo dunha instrución primaria, profesional e técnica, que lle permita ser digno en todas as partes, e en todas as partes atopar as vantaxes que se lle ofrecen a un inglés, a un alemán... Ou é que na emigración resulta superior un castelán a un galego por falar unha lingua máis extensa? A superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai."
CASTELAO ‪#‎SempreenGZ‬

Info do autor na galipedia
Info na RAG
Info na BVG