23.5.16

FALEMOS DE LITERATURA

Déixovos a lista de reprodución con vídeos resumo das clases de literatura galega para que poidades repasar para as recuperacións

O AGRARISMO

CEN ANOS DAS IRMANDADES DA FALA




Atopei esta presentación de diapositivas feita polos compañeiros doutro IES que nos pode axudar a coñecer nun chisco máis que foron as Irmandades da Fala.


Para saber máis:

http://academia.gal/irmandades-da-fala

https://gl.wikipedia.org/wiki/Irmandades_da_Fala

Poesía das Irmandades

Álbum das Irmandades da Fala, Consello da Cultura Galega

 
As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.

Vídeo publicado a 06/12/2012
Entrevista a Tereixa Vilar Chao, filha de Ramom Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala

 

Vídeo publicado a 03/03/2014 As Escolas de Ensino Galego das Irmandades da Fala funcionárom na Corunha entre 1926 e 1931, mas só a secçom masculina. A tentativa de abrir umha secçom feminina, que ia ser levada a cabo por Elvira Bao, nom prosperou.



Vídeo do roteiro das Irmandades que fala de Curros Enriquez

PONDAL

BIOGRAFÍA

LETRA DO HIMNO GALEGO


Letra orixinal de 1890
Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?
Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.
Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.
Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q'as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.
Letra de 1984
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

18.5.16

O MAR E A SOMBRA NA OBRA DE ROSALÍA

Grazas a este vídeo poderedes entender esa poesía máis existencialista de Rosalía de Castro.

Reparade cando vexades o vídeo nas cuestións que figuran abaixo.

 

CUESTIONARIO SOBRE O VÍDEO 

1- Cal é a repercusión de Rosalía de Castro na nosa litreratura?
2- Cal é o elemento natural que exerce unha influencia especial sobre a escritora? 
3- Que corrente de pensamento inflúe nela para ter esta atracción polo elemento que buscamos?
4- Explica por que sente Rosalía unha fonda preocupación polos nenos abandonados?
5- Que drama da vida de Rosalía representa o símbolo da "Negra sombra"?
6- Cando como e onde coñece Rosalía a Murguía? Cando casa con el?
7- Que concepción ten da muller Murguía? 
8- Que opinión expresa Rosalía no artigo "Las literatas" sobre o papel da muller no séc. XIX?
9- Que é o que lle preocupa realmente da situación da muller?
10- Que papel xoga Aurelio Aguirre na vida de Rosalía?
11- Cal é a razón pola que Rosalía decide escribir en Galego?
12- Cales sib is sugnificados do símbolo da "sombra" segundo os distintos especialistas?
13- Cal é a orixe do sentimento de "DOR" que persegue a Rosalía?


Máis para coñecer a Rosalía.

CURROS ENRÍQUEZ



Neste mapa podes ver os puntos principais do percorrido literario que grazas aos poemas de Curros podemos facer en Terras de Celanova.



Nesta presentación podedes atopar unhas notas para interpretar a temática da obra Aires da miña terra, feitas por Benito Varela Jácome, na edición de Xerais que dirixe Xosé Ramón Pena.
 






AQUÍ TEDES O CUESTIONARIO DO VÍDEO







Podedes facer un percorrido pola casa do poeta en Celanova se visitades a web da Fundación Curros Enríquez.

foto da web elecohernandiano

Aquí deixo unha versión do "Maio" poema que escribiu Curros e que Emilio Batallán interpreta e publica en 1975 por primeira vez.  

19.4.16

I CERTAME PROXECTA I+D

Despois dos encontros de Ispiratics na Fundación Amancio Ortega quedoume claro que aínda que o vento veña en contra non vou deixar de traballar para ilusionar o alumnado e ensinarlle a conectar os contidos dende distintas materias e coa súa realidade, co seu, a súa cultura. 

E por suposto que vai ser sempre que poida usando as TICS, que só poden ir por diante se queremos conectar con eles, normalizar o uso da lingua dende unha esfera moderna.

Grazas a Ana Cabido por nominarme e obrigarme a participar, xa que decidira non facelo.

Ás miñas compañeiras pola supervisión, ideas e gravacións. 

Ás persoas coas que fun e irei compartindo o meu soño: o ensino non é almacenar contidos tan só!!!

A Pablo por facerme ver este domingo que non tiña por que realizar unha mega produción de video (aínda que iso era o que a min me gustaba) e que tiña que participar e quedarme coas risas e sobre todo coa aprendizaxe... non se pode deixar de ser como se é e hai que loitar polo que un cre. 

E sobre todo grazas ao alumnado de 3º A que me sorprendeu nun deses días de "non sei que dicir", cunha pizarra cheíña de cousas diferentes que facemos nas clases de galego. Sobre todo por dicirme que teño paciencia, os entendo e me preocupo por eles, porque é o que pretendo, axudalos, coidalos e transmitirlle ilusión pola maxia da nosa lingua e a nosa cultura,

A todos mil grazas por aturar o meu monotema e os nervios das últimas tres semanas. 



14.4.16

A CONVERSA

Taballando os diálogos na aula, hoxe deunos por conversar. O alumnado só tiña que pensar na finalidade da súa conversa e o tema do que ían falar, sen preparar os diálogos.

No vídeo temos un exemplo. Podedes velo e logo ir anotando todo o que temos que corrixir.