3.7.14

SEMPRE EN GALIZA_70 ANIVERSARIO


Mañá celébranse os 70 anos da publicación de Sempre en Galiza, de Castelao.

"A superioridade non está no idioma

 que se fala; está no que se sabe, no 

que se di e no que se fai"



Pego aquí estas palabras do noso escritor e que lin no Facebook e que magoan a alma. Espero que sirvan para que a xente tome conciencia do seu, da súa cultura e da súa orixe e non se deixe globalizar.

“Algúns galegos de boa fe coidan que o cultivo do noso idioma é un impedimento de traballo na emigración. Mais eu quero invitalos a meditar: Pensades que a nosa Terra pode seguir sendo un criadeiro de carne humana para enviar ás Américas en paquetes teutóns? Porque o noso deber está en asegurar o dereito ao traballo remunerado, para que ningún irmán noso emigre por necesidade. Pensades que os galegos poden seguir emigrando polo mundo a ofreceren indignamente a mercancía dos seus lombos e dos seus brazos? Porque o noso deber está en armar ao pobo dunha instrución primaria, profesional e técnica, que lle permita ser digno en todas as partes, e en todas as partes atopar as vantaxes que se lle ofrecen a un inglés, a un alemán... Ou é que na emigración resulta superior un castelán a un galego por falar unha lingua máis extensa? A superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai."
CASTELAO ‪#‎SempreenGZ‬

Info do autor na galipedia
Info na RAG
Info na BVG


19.6.14

VIDEOPOEMAS DÍAZ CASTRO

O alumnado de 2º ESO A, con todas as présas que nos asolagan estas semanas, conseguiu rematar estes dous novos traballiños sobre Díaz Castro. 

Moitas grazas pola ilusión e a participación.




12.6.14

O TRAXE GALEGO

Mencía González, alumna de 1º ESO B, do IES Rafaael Puga Ramón, decidiu que como nesta avaliación estudamos o léxico da roupa, ela ía gravar estes vídeos para explicar aos seus compañeiros como se prepara para ir a unha actuación co seu grupo de biale galego.

MOITAS GRAZAS!! BO TRABALLO.




8.6.14

POR NÓS O GALEGO TERÁ MIL PRIMAVERAS MÁIS

Todos participamos!!!

 Alvaro Cunqueiro: 

                             "Aquí xace que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis" 




 



















28.5.14

CONCERTO HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

O alumnado de 3º ESO ten aquí, no minuto 5, unha versión diferente do noso Himno, que tan presente está estes días nas súas aulas, Literatura e Música.

21.5.14

FALARÁS A NOSSA LINGUA

Agasallo ao alumnado do Ies Puga Ramón cun poema fermoso de Séchu Sende, que interpreta rapazada de Maside. 

Espero que desta vez vexan que si, que o galego segue sendo unha lingua viva, útil, doce, con sentimento, auténtica, coma as xentes que a falamos. 



15.5.14