A FACER TODOS E TODAS DRAGÓN!!!
16.12.14
15.12.14
1.12.14
LINGUAS ÚTILES?
Que é iso de estar sempre a falar de que o galego non serve para nada!
Coma calquera outra lingua do planeta serve, dende o momento en que a usan dúas persoas, para comunicarse. E isto é o esencial dunha lingua.
Para aqueles que estamos sempre a voltas cos números direivos que:
O Galego está:
- Entre 5% das 5.000 linguas do mundo teñen máis de 1 millón de falantes.
- Ocupa o posto 160 en canto ao número de falantes do mundo.
- Se entendo que hai 150 linguas en Europa ocupa o posto 23.
- Está entre as 30 linguas máis usadas na rede (navegadores como Firefox, Chrome ou Explorer; os buscadores Google ou Bing; as redes sociais Facebook e Tuenti; os xestores de contidos Wordpress ou Xoops. Tamén funcionan en galego distintos tradutores e aplicacións comerciais e de software libre).
- Na vida pública: ensino, política, xustiza, igrexa, medios de comunicación, publicidade.
- Entramado cultural asentado: non só se producen moitos títulos de literatura galega, senón que as obras galegas son traducidas a outros idiomas e coñecidas en moitos países (Existen Centros de Estudos Galegos en universidades de Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Croacia, España, EEUU, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Rusia.).
- Produción audiovisual importante: música, cine e teatro en galego.
O galego descendeu no uso urbano e na xente moza debido á perda de transmisión da lingua entre xeracións. Con todo o 40% da poboación tena como lingua habitual.
O Galego unha lingua de proxección internacional? Claro!!!
(Á parte de todo isto, o galego é intercomprensible oralmente e por escrito co portugués, por iso os galegofalantes teñen un acceso moi doado a 250 millóns de persoas que se expresan en portugués, a sexta lingua máis falada no mundo. Co galego podemos percorrer territorios lusófonos como Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guinea-Bissau, Cabo Verde, Timor Leste, Macau-China… entendendo e facéndonos entender sen problemas.)
Info da nosa lingua na galipedia
30.11.14
O VAL DAS MOURAS
A música e Rosalía parece que nunca se van separar e que as súas letras deixan pouso nas xeracións máis novas. Mesmo fóra de Galiza se recoñece a importancia de SERMOS GALEGOS.
Grupo celta-folk basado na obra da poetisa Rosalía de Castro, concretamente no seu libro Follas
Novas. Integrado por tres músicos de L’Hospitalet, a banda componse por: Laura Lorenzo (voz),
Joana Marce (frauta traveseira) e David Fernández (guitarrista).
26.11.14
24.11.14
20.11.14
13.11.14
12.11.14
XOGAMOS COAS HABILIDADES SOCIAIS
Para o noso PT. Atopei este videoxogo que traballa a interacción social dos peques con autismo.
![]() |
| PREME NA IMAXE PARA IR Á WEB E DESCARGAR O XOGO |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


