11.5.23

PUBLICIDADE

A LINGUAXE PUBLICITARIA

--------WEBQUEST   A PUBLICIDADE

--------PORTAL DAS PALABRAS


Cámara oculta María Mera



En Galego, e logo!


Camiñantes do noso: Vídeo publi


O noso idioma, desmontando prexuízos 


Galicia a terra da linga galega, Xunta de Galicia

14.5.20

LETRAS GALEGAS CARVALHO CALERO

Este ano 2020 o día das Letras Galegas está dedicado ao poeta, así se define el, Ricardo Carvalho Calero.
Juanjo Estrada, Carballo Calero, grafito. Da web Juanjo Estrada Dibujante

Podería facer aquí un repositorio de artigos e actividades sobre o escritor, pero esta mañá atopeino feito na web das amigas de AULAS GALEGAS, daquela déixovos a ligazón ao recurso para que poidades aprender e xogar, xogar e soñar para crear a vosa imaxe sobre o autor e estudoso destas letras.

Especial  Calero en Aulas Galegas


Galería de xogos e recursos tamén no Portal de Lingua Galega da Xunta, para seguir xogando con Carvalho Calero

22.4.20

Lectura comprensiva e investigación II

Imos aproveitar a lectura duns relatos da obra Made in Galiza de Sechu Sende para traballar a comprensión e repasar un contidos deste curso.


O segundo relato co que imos traballar é "Nin en soños vou perder a miña lingua". 

Ademais do contido do relato podemos repasar a diversidade lingüística ou a polisemia.



21.4.20

Lectura compernsiva e investigación I

Imos aproveitar a lectura duns relatos da obra Made in Galiza de Sechu Sende para traballar a comprensión e repasar un contidos deste curso.

O primeiro relato  co que imos traballar é "A vendedora de palabras". Ademais do contido do relato poderemos traballar os tipos de palabra e a onomástica.




17.4.20

As horas Roubadas, María Solar

Unha vez máis a escritora María Solar engaiólame coa lectura dunha das súas novelas, sempre tan intensas de sentimentos, valores e aprendizaxes.

As horas roubadas déixanos un sabor doce por esa historia de amor que pervive ao longo do tempo, que nace furtiva nunha Arxentina libre e morre nunha Galicia aínda cativa e con moitos prexuízos. Por outro lado, sóubome a pouco; xa que cando rematei de ler quedou un gran baleiro, quería máis, seguir lendo e ledo.

Deixo para o alumnado unhas preguntas de reflexión sobre a lectura.



10.4.20

Literatura galega de posguerra II

Despois de traballarmos na  aula a literatura galega do exilio, deixo para o alumnado de 4º da eso un cuestionario de repaso da información que fomos destacando.

Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 7.


Literatura galega de posguerra I

Despois de traballarmos na  aula a literatura galega do exilio, deixo para o alumnado de 4º da eso un cuestionario de repaso da información que fomos destacando.

Podedes facer o test despois de ler a literatura do tema 6.