28.10.09

A voltas coa normativa do 2003

Como aínda hai alumnado que a estas alturas anda un pouco perdido cos cambios que se produciron na normativa do 2003, hai vai unha presentación onde se recollen esas pequenas mudanzas.
Non podo crer que aínda haxa xente que pensa que estamos cada ano, ou mellor dito, e cito palabras textuais: "Con cada goberno" teñamos unhas normas novas. Non señores/as, non é así. Admitamos que tiramos pedras contra o noso tellado cando nos dividimos e cada un defende un tipo distinto de norma ortográfica, pero agora que parece que todos chegamos a un consenso non poñamos máis obstáculos e deixémonos de andrómenas e FALEMOS GALEGO como mellor saibamos, que ninguén vai ser xulgado por dicir librería ou libraría.


2 comentarios:

  1. Encántame a frescura deste blogue. Que sorte teñen os teus alumnos! Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Grazas pola axuda, sen ela non sería posible o blog. Procuro ir poñendo en práctica todo o que aprendo e ensinándollelo aos demais e aos nenos/as para que vexan que a Internet é algo máis que as redes sociais.

    ResponderEliminar