Libro Galego de ocasión de Allariz terá lugar entre o 31 de marzo e o 8 de abril nesa localidade ourensá. Colaboran no evento o Concello de Allariz, a Librería Airas das Letras e a Asociación Galega de Editores. A organización prepara un programa de actividades de animación e dinamización cultural para os días de desenvolvemento do evento.
É a primeira vez que a AGE participa e colabora nun evento destas caracterísicas e no que se van pór á venda máis de de 648 títulos a prezos de outlet. Agárdase que a experiencia sexa un éxito. O espazo de venda vaise instalar na Praza de Abastos da cidade.
Libros desde 3 euros
Os prezos dos libros oscilarán entre os 3 os 15 euros dos libros da categoría de grandes obras. Os organizadores acordaron realizar tamén vendas por lotes e venderanse ata 5 títulos por 10 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario