Campaña da Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega para que esta primavera nos comprometamos co noso idioma, a falalo mil primaveras máis, para seguir sendo NÓS!!!
As miñas invencións e as miñas maxias teñen, nembargantes, un senso
máis fondo: por riba e por baixo do que eu fago, eu quixen e quero que a
fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única
posibilidade de que nós duremos como pobo. (...) Se de min algún día,
despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba
na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa
súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis'".
(Palabras pronunciadas por Álvaro Cunqueiro na homenaxe que se lle rendeu en Vigo o 25 de abril de 1980)
Ningún comentario:
Publicar un comentario