Este curso o Día das Letras Galegas soubo a poesía. Grazas aos versos dos nosos poetas e poetisas máis destacados a rapazada estivo toda a mañá recitando os seus versos e, como non, empregando a lingua galega nun día en que ese era o obxectivo principal.
Mais tamén foi unha sorpresa descubrir que o alumnado gustou moito da actividade. Atoparon novos poemas. Gustoulles ler poesía galega, sobre todo aquelas composicións poéticas máis novas que se achegan a temas que a eles lles interesan.
Parece que as arboriñas de lingua que plantamos a semana pasada deron froito este venres 15, porque a lingua madurou e naceu nos beizos de alumnos/as máis e menos hábiles co seu idioma, para deitarse na orella de todo aquel que estaba a escoitar.
Como acto destacado para rematar este día de festa todos participamos na lectura dun manifesto de compromiso co galego e con Galiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario