27.11.15

ADEUS A NEIRA VILAS

Falece Xosé Neira Vilas (1928-2015) con case 88 anos en Vila de Cruces. 
Así se describe: vídeo
Programa GALEGOS

Traballou por poñer Galicia e o galego no seu lugar publicando un bo número de obras; pero sen dúbida as Memorias dun neno labrego (lectura en liña), no seu 50 aniversario, deixou unha restra de 600.000 exemplares que foron deixando pouso en cada voz que lle deu vida ao pequeno Balbino.


Para saberdes máis sobre o escritor deixo uns vídeos, a ligazón á páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas e a ligazón a Galipedia, onde atoparedes novas fontes de información sobre o escritor.





No blog Son de Poetas, podedes escoitar a versión da Quenlla deste fermoso poema de Neira Vilas.

Ai, amor! 

Que lonxe! Que lonxe estás! 
Canta terra entre nós dous. 
Peno dende que te fuches. 
Ai, amor! Ai, amor! 

Cando busco nos teus ollos, 
magóame o corazón. 
Cantas cousas non pasaron! 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Pasaron meses e anos, 
e a mocidade pasou. 
Mido por noites o tempo. 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Por ti agardo cada día,
 ateigada de ilusión. 
Ven axiña, volta a min. 
Ai, amor! Ai, amor!

 Ai amor, que lonxanía! 
Que soedade, que delor! 
Vivir sen ti non é vida. 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Cartas van e cartas veñen 
e as palabras tinta son.
 Quero escoitar a túa voz! 
Ai, amor! Ai, amor! 

No blog A Fiestra da Mestra atoparedes unha proposta de acitividades sobre Neira Vilas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario