Estes días estamos reflexionando, algúns alarmados polos resultados do primeiro ciclo da ESO.
Pois acabo de atopar este vídeo que para min é a peza chave dunha mudanza que temos que facer todos. No mestrado propuxemos este tema como proposta do traballo de investigación-acción nun centro educativo... parece que si que importa, verdade?
As persoas que escoitei estes días non sei se se decataron que a veces seguimos facendo cousas coma hai mil anos e aínda nos sorprende que os resultados non sexan óptimos!!! Por favor, se o alumnado fora só unha máquina de almacenar coñecementos sobre os que será avaliado, realmente non necesitaría vir ao cole, nin un docente que guíe o seu proceso de aprendizaxe. Creo que agora xa está claro por que non están motivados moitas veces, porque non lles ensinamos nada que lles interese, porque o ensino non transmite nada que sexa útil ou atractivo para eles, non conecta nin coa súa experiencia previa nin co seu medio.... ou así o ven eles, segundo o meu punto de vista, claro está.
Ningún comentario:
Publicar un comentario