4.1.12

A AMIZADE

Esta fermosa historia que transcribo é un agasallo dun amigo da Coruña que quero compartir con todos vós porque de certo que, igual ca min, todos tedes moitos amigos que non vedes e  cos que compartides moitas cousas fermosas aínda que fiquen físicamente moi lonxe. 

Estou de acordo cunha cousa que dis Xoán, os amigos son o tesouro máis grande que posuímos, polo menos eu síntome afortunada de ter os amigos que teño. Mil grazas pola historia. Non deixes de escribir.


 Dous homes, ambos os dous moi enfermos, ocupaban o mesmo cuarto dun hospital. A un permitíaselle sentarse na súa cama cada tarde, durante unha hora para axudarlle a drenar o líquido dos seus pulmóns. A súa cama daba á única ventá do cuarto.

O outro home tiña que estar todo o tempo boca arriba. Os dous charlaban durante horas. Falaban das súas mulleres e as súas familias, os seus fogares, os seus traballos, a súa estanza no servizo militar, onde estiveran de vacacións... E cada tarde, cando o home da cama xunto á ventá podía sentarse, pasaba o tempo describindo ao seu veciño todas as cousas que podía ver dende a ventá.

O home da outra cama empezou a desexar que chegasen esas horas, en que o seu mundo se ensanchaba e cobraba vida con todas as actividades e cores do mundo exterior. A ventá daba a un parque cun precioso lago. Parrulos e cisnes xogaban na auga, mentres os nenos o facían coas súas cometas. Os mozos namorados paseaban da man entre flores de todas as cores do arco da vella. Grandes árbores adornaban a paisaxe, e podíase ver na distancia unha bela vista da liña da cidade.

O home da ventá describía todo isto cun detalle exquisito, o do outro lado do cuarto pechaba os ollos e imaxinaba a idílica escena. Unha tarde calorosa, o home da ventá describiu un desfile que estaba a pasar. Aínda que o outro home non podía oír a banda, podía velo cos ollos da súa mente, exactamente como o describía o home da ventá coas súas máxicas palabras.

Pasaron días e semanas. Unha mañá, a enfermeira de día entrou coa auga para bañalos pero encontrou o corpo sen vida do home da ventá, que morrera pracidamente mentres durmía. Encheuse de pesar e chamou os axudantes do hospital, para que levarsen o corpo. 

Tan pronto como o considerou apropiado, o outro home pediu ser trasladado á cama ao lado da ventá. A enfermeira cambiouno encantada e, tras asegurarse de que estaba cómodo, saíu do cuarto. Lentamente e con dificultade, o home ergueuse sobre o cóbado, para lanzar a súa primeira mirada ao mundo exterior; por fin tería a alegría de velo por si mesmo. Esforzouse para xirarse devagar e mirar pola ventá ao lado da cama e... nada máis que puido ollar unha inmensa parede branca.

O home preguntou a enfermeira que podería ter motivado ao seu compañeiro morto para describir cousas tan marabillosas a través da ventá. A enfermeira díxolle que o home era cego e que non podía ver tan sequera aquela parede, e díxolle: "Quizais só quería animalo"

É unha tremenda felicidade facer feliz aos demais, sexa cal sexa a propia situación. A dor compartida é a metade de pena, pero a felicidade, cando se comparte, é dobre.

Por Juan Bouzas, Ies David Buján.

AXUDAS ADSL

Código Cero publica:

Aberto o prazo de solicitude das axudas da Xunta para contratar Internet no fogar.

UNHA LINGUA UN POBO

CELSO EMILIO FERREIRO

Hoxe celébrase o centenario do nacemento do incrible poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro. E tamén se commemora o 50 aniversario da publicación de Longa noite de pedra

Grazas a Rosa Perez podemos coñecer a páxina do autor na cal atoparedes toda a información sobre el e actividades que se programan en torno a este día. 

Hoxe se vos achegades a Celanova poderedes atopar os seus versos espallados polos establecementos da vila, unha forma orixinal de poñer en contacto a poesía co pobo. 

Gracias polo video Rosa, aquí o deixo para os que teñan preguiza de achegarense a Celanova.


16.12.11

Museo Castelao







Se queredes ler algún texto de Castelao ao ver o albun de Nós, só tedes que acceder á páxina web do seu museo na rede.
Blog da Fundación Vicente Risco, Allariz

O martes 20 ás 21:00 horas terá lugar no Audotorio Municipal de Ourense a estrea da versión subtitulada ao galego do filme Pa Negre, candidato ao Oscar ao mellor filme en fala non inglesa. Quen teña interese en asistir á estrea pode solicitar entradas nas librerías de Ourense, na librería Aira das Letras de Allariz, nas oficinas do Festival de Cine de Ourense ou solicitalas a secretaria@fundacionvicenterisco.com até límite de aforo.

15.12.11

CASTELAO

Nesta entrada o alumnado de 4º da ESO poderá acceder aos datos máis relevantes da vida e obra de Castelao.

Mirade esta presentación que fixo Miguel Lamelas Pla.


Deixo outra mási completa feita por Román Landín. Máis sobre as cousas e debuxos de Castelao (Slide, asinado por Axa7)

30.11.11

FESTAS TRADICIONAIS


Unha ocmpañeira do curso de HTML , Monserrat Martínez Cañas (CEIP Alfonso Castelao, Vigo), deseñou esta páxina web onde podedes atopar información sobre as festas tradicionais en galego para traballar co alumnado de infantil e primaria.

Noraboa, gustoume moito.
Estes días temos á miña amiga Mar Hermida a voltas cun curso da Web 2.0. Sabedora como é da miña teima con este mundo achegoume o enlace do curso e agora compártoo convosco porque me pareceu moi interesante. Facede clic na imaxe e podedes visitar a páxina do profesor da Universidade de Vigo, Pedro Cuesta.



Curso de Ferramentas Google, Pedro Cuesta


Tamén deixo aquí o enlace a unha páxina web que é unha recompilación de ferramentas educativas para moverse polo mundo das TIC: Aplicacións Web 2.0.

Grazas Mar, envexo a túa vitalidade e as ganas con que inicias cada proxecto. Non cambies nunca.


28.11.11

A WEB DE RESISTENCIA



Despois de rematar o curso de Iniciación ao HTML deseñei este espazo web que supón unha análise da obra de Rosa Aneiros, Resistencia


Se queredes botarlle unha ollada non tedes máis que premer na imaxe.


Espero que o traballo sexa útil e bos guste. Sede boíños, recordade que é iniciación!!!