Esta
fermosa historia que transcribo é un agasallo dun amigo da Coruña que
quero compartir con todos vós porque de certo que, igual ca min, todos
tedes moitos amigos que non vedes e cos que compartides moitas cousas
fermosas aínda que fiquen físicamente moi lonxe.
Estou
de acordo cunha cousa que dis Xoán, os amigos son o tesouro máis grande
que posuímos, polo menos eu síntome afortunada de ter os amigos que
teño. Mil grazas pola historia. Non deixes de escribir.
Dous
homes, ambos os dous moi enfermos, ocupaban o mesmo cuarto dun
hospital. A un permitíaselle sentarse na súa cama cada tarde, durante
unha hora para axudarlle a drenar o líquido dos seus pulmóns. A súa cama
daba á única ventá do cuarto.
O
outro home tiña que estar todo o tempo boca arriba. Os dous charlaban
durante horas. Falaban das súas mulleres e as súas familias, os seus
fogares, os seus traballos, a súa estanza no servizo militar, onde
estiveran de vacacións... E cada tarde, cando o home da cama xunto á
ventá podía sentarse, pasaba o tempo describindo ao seu veciño todas as
cousas que podía ver dende a ventá.
O
home da outra cama empezou a desexar que chegasen esas horas, en que o
seu mundo se ensanchaba e cobraba vida con todas as actividades e cores
do mundo exterior. A ventá daba a un parque cun precioso lago. Parrulos e
cisnes xogaban na auga, mentres os nenos o facían coas súas cometas. Os
mozos namorados paseaban da man entre flores de todas as cores do arco
da vella. Grandes árbores adornaban a paisaxe, e podíase ver na
distancia unha bela vista da liña da cidade.
O
home da ventá describía todo isto cun detalle exquisito, o do outro
lado do cuarto pechaba os ollos e imaxinaba a idílica escena. Unha tarde
calorosa, o home da ventá describiu un desfile que estaba a pasar.
Aínda que o outro home non podía oír a banda, podía velo cos ollos da
súa mente, exactamente como o describía o home da ventá coas súas
máxicas palabras.
Pasaron
días e semanas. Unha mañá, a enfermeira de día entrou coa auga para
bañalos pero encontrou o corpo sen vida do home da ventá, que morrera
pracidamente mentres durmía. Encheuse de pesar e chamou os axudantes do
hospital, para que levarsen o corpo.
Tan
pronto como o considerou apropiado, o outro home pediu ser trasladado á
cama ao lado da ventá. A enfermeira cambiouno encantada e, tras
asegurarse de que estaba cómodo, saíu do cuarto. Lentamente e con
dificultade, o home ergueuse sobre o cóbado, para lanzar a súa primeira
mirada ao mundo exterior; por fin tería a alegría de velo por si mesmo.
Esforzouse para xirarse devagar e mirar pola ventá ao lado da cama e...
nada máis que puido ollar unha inmensa parede branca.
O
home preguntou a enfermeira que podería ter motivado ao seu compañeiro
morto para describir cousas tan marabillosas a través da ventá. A
enfermeira díxolle que o home era cego e que non podía ver tan sequera
aquela parede, e díxolle: "Quizais só quería animalo"
É
unha tremenda felicidade facer feliz aos demais, sexa cal sexa a propia
situación. A dor compartida é a metade de pena, pero a felicidade,
cando se comparte, é dobre.
Por Juan Bouzas, Ies David Buján.
Contigo sempre recibo o dobre do que che achego. Grazas!!!
ResponderEliminarTodo un pracer, as xoias son para amosalas e presumir con elas, e os amigos son a máis prezadas por iso presumo con elas sempre que podo. Bicos.
ResponderEliminar