Para o segundo trimestre están programadas as seguitnes lecturas para o meu alumnado do IES de Mos.
- 1º ESO: Xosé A. Perozo, Camiño de fantasía. Ed. Sotelo Blanco. Collección Xuvenil.
- 4º ESO: Pepe Carballude, S.O.S. Ed. Galaxia. Colección Costa Oeste.
O alumnado coñece a posibilidade de ler outros libros optativos que poden subir a nota 0,5 (sempre que superen o 5 e nun máximo de 1 punto por avaliación). Para isto debedes falar comigo. No caso de primeiro da ESO hai unha listaxe ampla na cal podedes mergullarvos para escoller outras lectura e que tedes ao voso dispor na Biblioteca do centro.
Sinopse
ResponderEliminarO embarrancamento dun buque con materiais contaminantes na Costa da Morte desencadea unha psicose colectiva e unha atmósfera de apocalipse inmediata.
Esta novela está construída a partir duns feitos reais. Paralela á historia da catástrofe, o autor sitúa a un responsable político empreñado en manter unha conduta íntegra nunha situación na que proliferan a demagoxia, o alarmismo e o partidismo pueril e sectario. Esta é unha novela de acción que obriga ó lector a unha reflexión sobre problemas do noso tempo como catástrofes ecolóxicas, a manipulación das masas, a responsabilidade na acción política e as discriminacións sociais.
O embarrancamento dun buque con materiais contaminantes na Costa da Morte desencadea unha psicose colectiva e unha atmósfera de apocalipse inmediata.
ResponderEliminarEsta novela está construída a partir duns feitos reais. Paralela á historia da catástrofe, o autor sitúa a un responsable político empreñado en manter unha conducta íntegra nunha situación na que proliferan a demagoxia, o alarmismo e o partidismo pueril e sectario. Esta é unha novela de acción que obriga ó lector a unha reflexión sobre problemas do noso tempo como catástrofes ecolóxicas, a manipulación das masas, a responsabilidade na acción política e as discriminacións sociais.