7.3.13

CANTARES GALLEGOS

 foto de: lifewordslw.blogspot.com
Aviso para o alumnado de 1ª BACH F e H de IEs Santa Irene. 

A lectura obrigatoria que marcou a vosa profe foi a de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. 

Xa que este venres é un día de homenaxe ás mulleres e este o ano do 150 aniversario do libro da autora, paréceme acertadísima a escolla. Se non tedes o libro na casa, ou  on o podedes coller na Bilioteca do centro recordade que o podedes ler na Biblioteca Virtual Galega. Facede clic na imaxe. 

Gozade coa lectura! 

Para seguir mergullados no mundo de Rosalía recoméndovos os videos con versións dalgúns dos seus poemas que podedes atopar en youtube.

28.2.13

ACTIVIDADES ADULTOS _ IES SANTA IRENE



1º de BACHARELATO__________________________________

 -Clic aquí par aver a presentación dos morfemas verbais.
   
 -CONXUGADOR de verbos para resolver as dúbidas.

 -Exercicios de tempos verbais. TINTARRÁS; IES OTERO; BELÉN;           GALEGO.EU.





3º  da  ESA_____________________________________________________________

     Exercicios acentuación . TINTARRÁS; BELÉN; GALEGO.EU.

     Manuais de ortografía do Proxecto ARTELLO.

     LIM (xogo de acentuación)
     
     ORTOGRAFÍA CASTELÁN
     
     REGARASORTOGRÁFICAS.COM
  
     REGRAS ortográficas do castelán




4º da ESA_______________________________________________________________





     A Cohesión: BELÉN; PUNTADALINGUA.

     A Cohesión: NAPUNTADALINGUA.

     A Coherencia: PUNTADALINGUA.

     A Adecuación: PUNTADALINGUA

    Oración simple: recursos tic; jesusfelipe.es; sintaxe eso; xtec.cat;
  
     Libro virtual de sintaxe
   

22.2.13

150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS

O día 24 vai ser especial este ano porque temos o privilexio de homenaxear un fito histórico para a lingua e a literatura galega. 

A publicación dos Cantares Gallegos foi algo máis ca unha reivindicación da nosa lingua ou da nosa cultura a través dos cantares dunha nena cun ton inocente. Serán a antesala dun libro máis potente, as Follas novas, onde o falar non ten cancelas, onde as mensaxes de dor traspasan o persoal para solidarizarse e denunciar inxustizas plurais. 

Reparade nos versos que escoitamos no seguinte vídeo e reflexionade sobre a situación actual do noso país. Non me diredes que Rosalía de Castro non está de moda? Non me negaredes que foi, sen dúbida unha muller adiantada ao seu tempo? Creo que moitas veces se asocia a escritora coa palabra SENTIMENTO eu prefiro estoutras dúas CORAXE E VALOR.


4.2.13

LOMCE

Análise da LOMCE desde a CIG de Aldán Santamarina Corral.

CERTAME POESÍA

Que as mentes máis creativas saian á rúa e participen no novo certame de poesía que organiza o Concello de Carral. Moito ánimo!!!

24.1.13

ACTIVIDADES SINTAXE


Xa tedes no blog de SINTAXE as actividades das cláusulas coordenadas. Déixo a presentación aquí tamén, pero recordade que alí tedes a axuda para resolver.  

Sinto non poder subir o lim, por iso fixen a presentación de diapositivas.


 

19.1.13

O ARNOIA ATEIGADO

O Arnoia ergueuse encabuxado esta mañá e alarmou a veciñanza que bulía para poñer a  bo recaudo as pertenzas que tiña nas marxes do río. Prados e baixos de casas e restaurantes  beberon a fartar tras o paso da cicloxénese.

Andado o día, a auga seguía a bulir con presa cara un destino incerto. A xente paseou vixilante ao seu carón deixándose levar polo son da auga e gozando das fermosas estampas invernais que produciron dúas semanas de choivas que parecen non rematar aínda. Pero como din os maiores, isto é o normal en Galicia... e levan razón!!!



18.1.13

MISTERIO E MEDO


O misterio e o medo ocupan as páxinas das novelas de Marcos Serafín e Agustín Agra como nos presentan neste video do IES Porto do Son e que comparto convosco grazas a Román Landín. 

 Unha boa actividade que de seguro engaiola a máis dun a ficar prendido das liñas que conducen a historia de Trampa de luz e O tanxedor de campás.


 

14.1.13

CONCURSO MICRORRELATOS OZOCOGZ

Este concurso baseado nos seres máxicos e lendas galegas vénnos moi ben para o alumnado do IES de Mos que xa ten algo escrito sobre a fauna máxica galega. De todas formas calquera que cumpra os requisitos das bases pode participar. 

Seguimos creando. Animádevos.

 

8.1.13

CERTAME POESÍA MUGARDOS

Para comezar o ano de maneira creativa que mellor que participar nun concurso literario de poesía?

Aquí vos deixo as bases do certame que organiza o Concello de Mugardos.