30.4.14

POR MIM O GALEGO TERÁ MIL PRIMAVERAS MÁIS

 Campaña da Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega para que esta primavera nos comprometamos co noso idioma, a falalo mil primaveras máis, para seguir sendo NÓS!!!


As miñas invencións e as miñas maxias teñen, nembargantes, un senso máis fondo: por riba e por baixo do que eu fago, eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. (...) Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis'".

(Palabras pronunciadas por Álvaro Cunqueiro             na homenaxe que se lle rendeu en Vigo o 25 de abril de 1980)

29.4.14

NAS TARDES ESCURAS - NARF


Narf rende homenaxe a Rosalía de Castro cun traballo baseado nos textos da "revolucionaria feminista", como lle dixo o cantante nun dos seus concertos. 

 Estes son os títulos dos temas que inclúe o seu traballo: 

Tal como as nubes 
Nunca sospiro 
Cabe das froles 
 Amores cativos 
 Pasade 
Ódiote 
 Lúa descolorida 
Ti onte, mañán eu 
Bos amores 
 Follas Novas 
                                                       Nas tardes escuras 
 Así semos





28.4.14

A LINGUA SEMENTE DA NOSA CULTURA

Grazas Carlos Freire por compartir unha vez máis. 

No ano do poeta da Terra Chá e do poeta cuxa teima era a perfección da lingua galega: 

                                "Alumarei con fachas de palabras,
                                  ancho herdo meu, o mundo que me deron" 
                                                                                                             Díaz Castro


PARQUE NATURAL GERÊS

A semana pasada o alumnado de 2º da ESO andou na procura de parques naturais, espazos de interese cultural e/ou paisaxístico ou lugares galegos que a eles lles pareceron  espectaculares pola súa beleza e valor. 

Eu regálolles esta fermosa paisaxe do parque que máis lles recomendei visitar, o do Gerês. Como podemos ver a Galiza é máxica mirada dende calquera perspectiva e na revoltiña de todos os camiños atoparemos lugares IMPRESIONANTES, con maiúsculas ben grandes, proque simplemente vivimos nun lugar privilexiado.


 


9.4.14

COMPOSTAS

Para o alumnado de 3º ESO.

No Portal das Palabras tedes un novo artigo no que se traballa as palabras compostas.

http://portaldaspalabras.org/setestrelo/compostos-nada-complexos

8.4.14

3.4.14

DE ROSALÍA A ROI CASAL

Que maneira mellor que comezar a clase de Rosalía con esta magnífica interpretación de Silvia Ferre e Roi Casal, xunto aos seus músicos e ao seu pai, Nando Casal, o creador do grupo Milladoiro.


Tecin soia á miña tea, 
Sembrei soia o meu nabal, 
Soia vou por leña ô monte, 
Soia á veo arder n'o lar. 
Nin n'a fonte nin n'o prado 
Asi morra c'o á carráx 
El non ha de virm' á erguer, 
El a non me pousará. 
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás... 
Ferbe o pote... mais, meu caldo, 
Soiña t'hei de cear. 
Cala rula, os teus arrulos 
Ganas de morrer me dan, 
Cala, grilo, que si cantas 
Sinto negras soïdás. 
O meu homiño perdeuse, 
Ninguen sabe en onde vay... 
Anduriña que pasache 
Con él as ondas d'o mar, 
Anduriña, voa, voa, 
Ven e dime en ond'está.

Rosalía de Castro, Follas novas

1.4.14

EU TAMÉN

Na nosa cidade é posible. Por que raio se eles falan ti non o fas TAMÉN????

Veña a que esperas?

Vídeo gañador do Correlingua 2014, IES Elviña.