O alumnado de 1º ESO B despois de ler e rebuscar cousiñas sobre o noso autor, conseguiron artellar este panel onde recolleron algúns feitos da súa vida e algunhas das obras que leron ou teñen por ler.
Agora déixovos unha peqeuna explicación sobre Agustín que fixeron os colaboradores do Proxecto 21 Días co Gaelgo.
O alumndo de BAC do IES Rafael Puga Ramón vai facer de detective.
Quen sabe se algún chegará a ser o Holmes da novela de Agustín Fernández Paz que nos permite unha viaxe polas rúas e espazos emblemáticos da cidade da Coruña.
Reto ao alumnado a tirar o maior número de fotos posibles que recreen o estado actual dos espazos de posguerra que aparecen na novela. Abofé que algún cambiou pero ben seguro que todos seguen no seu lugar!!!
En canto vaides tirando as fotos debedes abrir unha carpeta no voso Drive, con nome e apelidos. Nomeade as fotos co lugar que estades fotografando. E por último, subídeas ao mapa que comecei para vós.
Recordade que debedes engadir un anaquiño da novela que fale dese sitio.
Por suposto, podedes subirir todas as fotos que queirades.
É moi importante que poñades quen fixo as fotos, xa que tedes dereito de autor/a sobre elas e quen editou o punto do mapa.
"A novela, ó meu parecer, é unha perfecta viaxe polos carreiros da memoria dos anos sesenta e é moi doado deixarse arrastrar pola levada lenta dese río que nos envolve e no que todo parece evidente, si, pero narrado con tal precisión que un ten a certeza de estar a estrear novamente eses acontecementos xa vividos por gran parte da nosa sociedade. É certo que, ás veces, non sei se na procura dun público máis amplo, ou nesa teima tan minuciosa de non deixar fíos soltos, Agustín cae na trampa do exceso de información. Quizáis para persoas de certa idade sexa repetitivo, mais talvez non estea de máis para os máis novos, que descoñecemos a realidade da España franquista deses anos sesenta nos que comezaban a chegar a moitas casas os primeiros frigoríficos, lavadoras e televisións e existía unha ditadura con órganos tan repulsivos coma o Tribunal de Orde Pública e a Brigada Político-Social, non sei. O que si sei é que estamos diante dunha fermosa novela, traballada nos detalles, no galego falado na época, na documentación, na recreación de atmosferas, e coa que Agustín se sitúa no lugar máis alto da nosa narrativa pola súa facilidade para apañaren as pantasmas dun tempo e darlles corpo cunha exquisita e estudada sinxeleza."
Comeza o curso 2016-2017 con alumnado novo e coñecido e tanto uns coma outros conseguen sacar un sorriso e encher de ilusión as horas de traballo.
Como fun dicindo este luns nas aulas, é importante que cada un/unha de vós marque unha meta (alcanzable, ollo!!! non me digades "quero que me toque a lotaría"), uns obxectivos polos que erguerse cada mañá e vir con ilusión e ganas de aprender algo novo para acadar o que vos propuxestes.
Dende esta xaneliña anímovos a implicarvos cada día no voso proceso de ensino. O que pensades e dicides conta para nós. Colaborando entre todos conseguiremos medrar non só coa adquisición de novos coñecementos, senón medrando a nivel persoal no plano cultural e emocional, xa que vivimos rodeados de iguais e será importante aprender a convivir a través do respecto e colaboración.
Atopei esta presentación de diapositivas feita polos compañeiros doutro IES que nos pode axudar a coñecer nun chisco máis que foron as Irmandades da Fala.
Entrevista a Tereixa Vilar Chao, filha de Ramom Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala
Vídeo publicado a 03/03/2014
As Escolas de Ensino Galego das Irmandades da Fala funcionárom na Corunha entre 1926 e 1931, mas só a secçom masculina. A tentativa de abrir umha secçom feminina, que ia ser levada a cabo por Elvira Bao, nom prosperou.
Vídeo do roteiro das Irmandades que fala de Curros Enriquez