O alumnado de 3º ESO ten aquí, no minuto 5, unha versión diferente do noso Himno, que tan presente está estes días nas súas aulas, Literatura e Música.
28.5.14
21.5.14
FALARÁS A NOSSA LINGUA
Agasallo ao alumnado do Ies Puga Ramón cun poema fermoso de Séchu Sende, que interpreta rapazada de Maside.
Espero que desta vez vexan que si, que o galego segue sendo unha lingua viva, útil, doce, con sentimento, auténtica, coma as xentes que a falamos.
18.5.14
15.5.14
EXPOSICIÓN DAS LETRAS
Os paneis da exposición das Letras Díaz Castro para os grupos que non remataron o traballo de grupo na aula.
13.5.14
DÍAZ CASTRO CONTA E CANTA A SÚA VIDA
Agasallo traido hoxe dende a Consellaría e que merece a pena ver só por escoitar recitar ao mesmo Díaz Castro os seus poemas.
30.4.14
LETRAS GALEGAS 2014 - DÍAZ CASTRO
Este ano 2014 o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta Xosé Mª. Díaz Castro.
Recursos na páxina da Coordinadora. Clic na imaxe
Recursos no portal do portal de Política Lingüística unha presa de actividades interactivas para coñecer a obra e ao personaxe de Xosé María Díaz Castro. Clic na foto.
Recursos na páxina da Coordinadora. Clic na imaxe
Recursos no portal do portal de Política Lingüística unha presa de actividades interactivas para coñecer a obra e ao personaxe de Xosé María Díaz Castro. Clic na foto.
Unha das actividades máis esperadas por todo o profesorado é o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas. Pola súa claridade e atractivo é unha forma amena de coñecer máis aos nosos escritores.
Tamén podedes saber máis no poeta de Guitiriz botando unha ollada ao Prezi que Mª José Martínez Paz, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Curtis elaborou con todo coidado.
XOGOS.
E que mellor forma de comprobar canto sabes do autor que mergullarte nestes roscos de preguntas que fixeron os colegas dos CEIP A Ponte de Lugo.
- PASAPREGUNTAS Díaz Castro
- PASAPALABRAS Díaz Castro
- TEST Díaz Castro
Vídeo elaborado polo CPI Dos Dices de Rois.
VÍDEO
Curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro, realizada polo IES As Barxas de Moaña.
AUDIOS IES DÍAZ CASTRO (Da web: A LUS DO MUNDO; Proxecto do IES Díaz Castro)
CUESTIONARIO PARA DESPOIS DE VER O TELEXORNAL DÍAZ CASTRO
POR MIM O GALEGO TERÁ MIL PRIMAVERAS MÁIS
Campaña da Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega para que esta primavera nos comprometamos co noso idioma, a falalo mil primaveras máis, para seguir sendo NÓS!!!
As miñas invencións e as miñas maxias teñen, nembargantes, un senso
máis fondo: por riba e por baixo do que eu fago, eu quixen e quero que a
fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única
posibilidade de que nós duremos como pobo. (...) Se de min algún día,
despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba
na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa
súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis'".
(Palabras pronunciadas por Álvaro Cunqueiro na homenaxe que se lle rendeu en Vigo o 25 de abril de 1980)
29.4.14
NAS TARDES ESCURAS - NARF
Narf rende homenaxe a Rosalía de Castro cun traballo baseado nos textos da "revolucionaria feminista", como lle dixo o cantante nun dos seus concertos.
Estes son os títulos dos temas que inclúe o seu traballo:
Tal como as nubes
Nunca sospiro
Cabe das froles
Amores cativos
Pasade
Ódiote
Lúa descolorida
Ti onte, mañán eu
Bos amores
Follas Novas
Nas tardes escuras
Nunca sospiro
Cabe das froles
Amores cativos
Pasade
Ódiote
Lúa descolorida
Ti onte, mañán eu
Bos amores
Follas Novas
Nas tardes escuras
Así semos
28.4.14
A LINGUA SEMENTE DA NOSA CULTURA
Grazas Carlos Freire por compartir unha vez máis.
No ano do poeta da Terra Chá e do poeta cuxa teima era a perfección da lingua galega:
"Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron"
Díaz Castro
No ano do poeta da Terra Chá e do poeta cuxa teima era a perfección da lingua galega:
"Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron"
Díaz Castro
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




