25.1.16

PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS

Este curso 2015-2016 a rapazada do IES da Pobra ponse na pel dos docentes e deseñan o contido dos 21 Días en Galego. Grazas polo traballo e por compartirde connosco os materiais.

 

17.1.16

A DESCRICIÓN





Páxina web do Abalar e material de Ramón Rocamonde. Grazas

  AUDIO DA ACTIVIDADE 2 : LIGAZÓN


Describe en que consistiu o experimento premiado.
Explícao con detalle. O teu texto debe conter, polo menos, a seguinte información:
  • por que se fixo o traballo; que o motivou
  • onde se fixo o traballo
  • que experimento realizaron (explicación detallada)
  • a que conclusións chegaron
  • como van dar a coñecer o seu traballo.
Debes redactar un texto ben cohesionado, non con respostas soltas ás preguntas anteriores. Ou sexa, agora es tiq uen explica en que consistiu o traballo, non a locutora nin o profesor.



AUDIO DA ACTIVIDADE 5 

1. Escoita a gravación (pertence ao programa "Coñecer Galicia", do día 2 de xuño de 2012, da Radio Galega). 

2. Despois de realizada a audición debes redactar un texto no que describas a que se dedica a empresa da persoa entrevistada e os servizos que ofrece. 

3. Para realizar o traballo previamente debes localizar na entrevista información sobre os seguintes aspectos: 

  • como se denomina a empresa?
  • cantos anos leva a empresa funcionando? 
  • a que se dedica? 
  • como é o seu sistema de traballo? (que fan exactamente?) 
  • diríxese a grupos de clientes grandes ou pequenos? 
  • cal é o número mínimo e máximo de persoas para unha saída? 
  • con cantas persoas se garante a saída? 
  • teñen itinerarios fixos ou os clientes poden escoller? 
  • que programa teñen na actualidade? fan visitas a petición dos clientes?
  • que lugares son os máis visitados? 
  • traballan todo o ano ou só en tempada turística? 
  • que vantaxes teñen sobre as excursións en autobús ou en coche particular? 
  • prezos e horarios. 


Unha vez recollida toda a información debes redactar a descrición da empresa e os servizos que ofrece. Ten en conta que o teu texto debe estar correctamente redactado e cohesionado, non pode ser un listado de respostas ás preguntas anteriores e non é necesario que sigas a orde das preguntas na túa redacción. 

A EXPOSICIÓN




12.1.16

II Encontro de intercambio de experiencias educativas en linguas cooficiais

Grazas a Carlos por estar ao fronte do CAFI e darnos a oportunidade de compartirmos a ilusión de seguir traballando en educación deste xeito.



Deixo a presentación na cal se resume un chisco a idea do Proxecto Dragal.


Proxecto Dragal from Loli Cid Cid



BLOG DE LECTURA: DRAGAL I

 Ver a UD Dragal I

27.11.15

ADEUS A NEIRA VILAS

Falece Xosé Neira Vilas (1928-2015) con case 88 anos en Vila de Cruces. 
Así se describe: vídeo
Programa GALEGOS

Traballou por poñer Galicia e o galego no seu lugar publicando un bo número de obras; pero sen dúbida as Memorias dun neno labrego (lectura en liña), no seu 50 aniversario, deixou unha restra de 600.000 exemplares que foron deixando pouso en cada voz que lle deu vida ao pequeno Balbino.


Para saberdes máis sobre o escritor deixo uns vídeos, a ligazón á páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas e a ligazón a Galipedia, onde atoparedes novas fontes de información sobre o escritor.





No blog Son de Poetas, podedes escoitar a versión da Quenlla deste fermoso poema de Neira Vilas.

Ai, amor! 

Que lonxe! Que lonxe estás! 
Canta terra entre nós dous. 
Peno dende que te fuches. 
Ai, amor! Ai, amor! 

Cando busco nos teus ollos, 
magóame o corazón. 
Cantas cousas non pasaron! 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Pasaron meses e anos, 
e a mocidade pasou. 
Mido por noites o tempo. 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Por ti agardo cada día,
 ateigada de ilusión. 
Ven axiña, volta a min. 
Ai, amor! Ai, amor!

 Ai amor, que lonxanía! 
Que soedade, que delor! 
Vivir sen ti non é vida. 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Cartas van e cartas veñen 
e as palabras tinta son.
 Quero escoitar a túa voz! 
Ai, amor! Ai, amor! 

No blog A Fiestra da Mestra atoparedes unha proposta de acitividades sobre Neira Vilas.

26.11.15

CANTIGAS GALEGO-PORTUGUESAS

A web que atoparedes premendo na imaxe é unha base de datos de cantigas medievais galego-portuguesas. Aí poderedes atopar información sobre autores e composicións, así como escoitar versións musicadas dalgunhas das composicións.


3.11.15

A IDADE MEDIA EN GALICIA

Román Landín deixounos esta presentación sobre a realidade de Galicia na época medieval para que sirva de introdución aos temas de Literatura medieval. Obrigadísima.




Grazas a Sofía Rama podedes repasar os contidos da clase nesta presentación que fixo sobre a literatura medieval