Achégovos un dos traballos que fixemos no IES A Xunqueira coa lenda da Virxe do Cristal de Curros. Desta meneira podemos coñecer como "disque" apareceu esta virxe, da cal o escritor ten noticias por súa nai. Para os/alumnos/as deste centro resultou sospeitosa a historia desta virxe que podedes visitar na capela de Vilanova dos Infantes, Celanova. Pero o curso pasado fixen a mesma actividade con alumnos do IES de Celanova e os resultados foron sorprendentes porque estaban moi motivados ao coñeceren de primeira man a protagonista dos seus comics.
Que recordos!!!
ResponderEliminarPois si que pasou tempo!!! Pero gústame que grazas ao blog poidades seguir vendo as cousas que fixestes. Por certo os debuxos aínda os teño gardados eu!!!
ResponderEliminarEspero que no bacharelato todo vaia igual de ben e teñas un futuro brillante. Bicos moi grandes