17.9.10

AS DE BOLBORETAS


O curso pasado tiven a sorte de acudir, en moi boa compañía, a escoitar a Rosa Aneiros no Cefore da Coruña, dende aquela engaioloume a súa forma de falar e dixen que tiña que ler os algún dos seus libros.
Porén, o destino fixo que non fora ningunha das súas obras as que aportaron no meu peirao este verán. Mais, logo de botar unha ollada á guía de lectura que preparou A Profa, non hei deixar moito tempo entre este intre e o da abordaxe de As de bolboretas.

Guía de lectura da obra "Ás de bolboreta" de Rosa Aneiros realizada por Pilar Ponte Patiño para Edicións Xerais.

Dunha persoa tan traballadora e alegre non podía saír outro traballo que nnon fora este. Parabéns e moito ánimo para seguir por estes sendeiros.

2 comentarios:

  1. Os homes que tiveron unha vida difícil polo xeral procuran facilitarlles as cousas aos fillos ata onde sexa posible, privándoos dese modo da disciplina da loita e da búsqueda dun lugar propio no mundo, que tan bos resultados deron no seu caso.
    Pais así me recordan a un veciño de bo corazón que tiña como pasatempo a crianza de bolboretas. Conmovíanlle tanto as penalidades que pasaban para sair do capullo que nunha ocasión, movido por unha bondade mal entendida, abriu un coa uña do pulgar para que o seu diminuto inquilino puidese escapar sen necesidade de loitar. A bolboreta nunca puido utilizar as súas ás.

    ResponderEliminar
  2. Loli, mañán luns dá comenzo un novo curso para min no IES Urbano Lugrís da Coruña, no cal non me faltarán forzas, ou eso espero, para lograr escalar un peldaño máis neste muro da vida que me propuxen levantar un chisco tarde, pero quizáis máis seguro e firme que outros.
    Seguiréi pendente do teu blog na medida que poida.
    Co teu permiso quero saudar dun XEITO ESPECIAL a os compañeiros es mestres do curso pasado, pois todos fixéstedes que a miña vida cambiara para mellor. E tí Ana que sin a túa aportación e "rivalidade", muy necesaria para o meu esforzo diario fixo que o camiño fose máis levadeiro. Que sepades que vos levarei sempre no corazón mentres viva. Moitas grazas a todos/as.

    ResponderEliminar